Indignación no PSOE de Marín despois de que na verbena do venres a orquestra coreara "Que te vote Txapote"
Por Anxo Lourido
"Parécenos deplorable que unha orquestra contratada co diñeiro de todos os marinenses se poña a cantar 'Que te vote Txapote' durante a súa actuación". Así de indignado móstrase Manuel Pazos, portavoz do grupo municipal socialista de Marín, ao relatar a acción que levou a cabo la Orquesta Furia Joven durante a súa actuación o venres 14 nas Festas do Carme.
O concelleiro do PSOE pídelle á orquestra como aos asistentes que corearon ese berro que "se empapen do excelente clima de educación e respecto político que existe no noso municipio". Indica que a maioría dos que secundaron o cántico eran de fóra da vila.
O PSOE considera "lamentable o espectáculo" e lembra que a orquestra foi contratada polo Concello de Marín e paga co diñeiro de todos os veciños. "Que se poña a corear cánticos ofensivos como 'Que te vote Txapote' é algo que non sucedeu nunca na nosa vila e que esperamos que non volva suceder", engade o edil.
En todo caso, desde a agrupación socialista recoñecen que aceptan as desculpas que a orquestra emitiu a través das redes sociais tras rexistrarse varios comentarios. Con motivo da polémica, a agrupación, de Las Palmas de Gran Canaria, limitou o acceso á publicación en Facebook sobre a súa actuación en Marín.
Manuel Pazo tamén pide a aquelas persoas procedentes doutros puntos e que corearon o lema co que diferentes partidos políticos atacan ao actual presidente do Goberno e candidato socialista Pedro Sánchez, que "non traian a súa crispación desde outros lugares a unha vila como Marín na que levamos moitos anos sendo exemplo de como se poden defender diferentes posicionamentos políticos sen extremismos, sen crispación e sen insultos", conclúe o representante socialista.
Relacionadas:
-
E despois do Carme de Marín... chegan as Festas de Seixo
Por Redacción |
-
Emotiva procesión do Carme, patroa do mar, en Marín con lembranza ás vítimas do Villa de Pitanxo
Por Redacción |
-
As Festas do Carme de Marín xa presumen de Juan Sebastián de Elcano
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
En Marín si es o fillo de Pichichi, es Pichichi "pequeno"
Por Oskar Viéitez |
-
Máis aparcamento, bus nocturno e puntos violeta para as festas do Carme de Marín
Por Redacción |
-
O xornalista Javier Casal será o pregoeiro das Festas do Carme de Marín
Por Redacción |