A área sanitaria alcanza a cifra de 335 pacientes falecidos con covid-19
Por Redacción
Nas últimas horas, o Sergas comunicaba o falecemento dun novo paciente na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés infectado con covid-19. Trátase dun home de 88 anos de idade, que contaba con outras enfermidades no seu historial clínico. Esta morte eleva a 335 pacientes a cifra de persoas falecidas nesta zona desde o inicio da pandemia.
Durante este martes 23 de agosto continúan ingresadas 22 persoas nos centros hospitalarios de Pontevedra: 19 no Hospital Montecelo, unha no Hospital do Salnés e outra no Hospital Quirón Saúde. A eles súmase un paciente que permanece na Unidade de Coidados Críticos de Montecelo.
Nesta xornada, o número de casos activos elévase a 164, cinco máis que onte, nos distritos de Pontevedra e O Salnés. Realizáronse 99 probas nas últimas 24 horas que ofreceron o resultado de 24 novos casos abertos.
GALICIA
No conxunto da comunidade, a Consellería de Sanidade comunica a presenza de 1.454 casos con infección activa, dos que 147 atópanse hospitalizados en planta e seis atópanse na Unidade de Críticos.
Faleceron un total de 3.877 persoas desde que se informa das mortes de pacientes con esta enfermidade en Galicia. Nas últimas 24 horas detectáronse 144 novos casos.
Relacionadas:
-
Un home de 85 anos, falecido número 341 con covid-19 na área sanitaria
Por Redacción |
-
Dous homes de máis de 77 anos falecen con covid na área sanitaria
Por Redacción |
-
Galicia rexistra un total de 1.697 casos activos por coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
50 persoas permanecen ingresadas con covid na área sanitaria neste mes de agosto
Por Redacción |