Gran resposta ao proxecto de revitalización de verbenas de Estrella Galicia
Estrella Galicia anunciou o pasado mes de xuño que este verán quería poñer o foco nas verbenas galegas, co fin de revitalizar este tipo de eventos que sempre foron imprescindibles no calendario social galego, moi especialmente no caso de pequenas localidades ou aldeas. A marca cervexeira galega sinalaba entón que o seu propósito de xerar un impacto positivo real na súa contorna se enfocaría nesta ocasión nas verbenas como un elemento crave de socialización e celebración para os galegos que sufriu moito pola pandemia e o despoboamento do rural.
A resposta dos veciños de diferentes localidades por toda a xeografía galega non se fixo esperar e foron moitos os que canalizaron as súas solicitudes para recuperar as verbenas a través da web que a marca habilitou para que puidesen expoñer as súas razóns: www.estrellagaliciaes/anosaverbena.
Deste xeito, ata o de agora xa foron catro as poboacións que gozaron de novo das súas tradicionais festas co apoio de Estrella Galicia, que respondeu á demanda social despregando unha oferta de lecer popular para cada unha delas na que implicaron a recoñecidos cómicos como Touriñán, Eva Iglesias ou Perdomo ou mesmo aos xogadores veteranos do Celta. Todo iso amenizado pola música das orquestras, pasacalles e outras actividades.
Neste sentido, ao longo deste verán, Estrella Galicia respondeu ao chamamento dos veciños para recuperar a romaría de Lobeira, a festa da árbore de Vilachán, a verbena da Portela de San Xulián e as festas de Quilmas e Curra de Carnota desta pasada fin de semana. E o proxecto continúa aberto en setembro para incorporar algunha celebración adicional.
Desde a Asociación Chan das Lamas, organizadora desta última festa revitalizada, subliñan a implicación de Estrella Galicia con estas tradicións sinalando que "Á festa de Quilmas e Curra 2022 veunos ver unha Estrella, xa que este ano ía ser moi complicado celebrar a festa no seu esplendor e grazas á axuda de Estrella Galicia, foi posible".
ISTO NON VAI SÓ DO QUE BEBES, O QUE IMPORTA É O QUE VIVES
Ao longo dos últimos anos, Estrella Galicia estivo presente en diferentes festas e eventos de toda a rexión, pero polo seu carácter inconformista, quixo dar un paso máis e axudar a recuperar estas tradicionais celebracións tan vinculadas á idiosincrasia galega, como son as verbenas. A compañía puxo en marcha diferentes iniciativas ao longo dos anos en favor do desenvolvemento do rural galego, unha forte implicación co territorio que se materializou no apoio a múltiples proxectos de carácter socioeconómico e que agora aborda un aspecto tanto lúdico como vertebrador da estrutura social, como é o caso das verbenas.
O compromiso de Estrella Galicia coa súa orixe o é coa felicidade da súa xente porque, segundo a marca, "Estrella Galicia non é só unha cervexa, é todo o que se vive en Galicia con ela e grazas a ela. Porque isto non vai só do que bebes, o que importa é o que vives". Por iso é polo que a marca cervexeira galega mobilizase os seus recursos para evitar que verbenas tradicionais da nosa comunidade caian no esquecemento, ou directamente desaparezan e a súa intención é darlles un impulso durante este primeiro ano para que, nos sucesivos, os veciños poidan recuperar esta tradición.
Esta iniciativa enmárcase na estratexia de impacto positivo de Hijos de Rivera cuxo compromiso inconformista co planeta, as persoas, os aliados e a orixe, materialízase neste proxecto dando un paso máis no tradicional apoio da compañía galega aos enventos de máis arraigamento e repercusión social en Galicia.