Temperaturas de 30 graos nas Rías Baixas durante a última fin de semana de agosto
Por Redacción
O servizo de Meteogalicia indica que este venres 26 Galicia mantense na influencia anticiclónica débil. Espéranse ceos nos que crecerán as nubes de evolución no sueste da comunidade durante a tarde, coa posibilidade dalgunha tormenta illada neses puntos. No litoral seguirán sen rexistrarse choivas e as temperaturas manteranse entre os 20 e os 33 graos con ventos do nordés, moderados en xeral.
Ao longo do sábado, Galicia permanecerá na zona de transición entre o anticiclón situado ao norte e a baixa términca da península. Espéranse bancos de néboa matinais no interior que deixarán paso a ceos pouco nubrados ou despexados, entrando nubes de tipo alto polo litoral atlántico a partir do mediodía. Ao longo da tarde espérase algún chuvasco tormentoso cara a zonas interiores. As temperaturas moveranse entre os 19 e os 32 graos nas Rías Baixas, con ventos do nordés, frouxos pola mañá, aumentando a moderados pola tarde.
A inestabilidade atmosférica aumentará durante a xornada do domingo 28 pero non se agardan choivas no litoral pontevedrés. Haberá bancos de néboa nas zonas do interior que darán paso a ceos con nubes e claros coa posibilidade de chuvascos tomentosos no interior de Galicia. Os ventos seguirán soprando do nordés, frouxos en xeral. Descenderán as temperaturas nas Rías Baixas para situarse entre os 18 e os 27 graos.
Xa o luns da próxima semana, Galicia manterase afastada dos centros de altas e baixas presións, quedando nunha zona algo indefinida, con moi pouco vento. A xornada iniciarase con ceos pouco nubrados e co avance do día quedarán parcialmente cubertos con nubes de tipo medio e alto. Rexistraranse brumas costeiras en todo o litoral, especialmente persistentes na franxa atlántica. As temperaturas máximas sufrirán un descenso situándose nos 21 graos nas Rías Baixas. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable e pasará a ser de compoñente oeste co avance da xornada.
Esta situación indefinida manterase ao longo dos primeiros días da p´roxima semana, con aire frío achegándose en capas altas da atmosfera, incrementando a inestabilidade. O tempo será bastante cambiante, con máis nubes e baixadas de temperaturas no litoral costeiro, que oscilarán entre os 16 e os 24 graos.
Relacionadas:
-
As últimas chuvias, un "espellismo" que obriga a seguir contendo o consumo de auga
Por Alejandro Espiño |
-
A seca deixa sen auga varios tramos do río Gafos
Por Redacción |
-
Poio rastrexa a súa rede de abastecemento para atallar posibles fugas de auga
Por Redacción |
-
A alerta por seca mantense a pesar da choiva, que non volverá caer en quince días
Por Manu Otero |