Aberta a inscrición para participar no programa Galegas Dixitais en Marín
Por Redacción
A dixitalización e a ruptura da fenda de xénero son dous puntos nos que se apoia o programa Galegas Dixitais, que chega a Marín este mes de setembro para ofrecer una formación gratuíta e completa en ferramentas dixitais para mulleres que se atopen inscritas como demandantes de emprego.
O programa, que foi presentado este martes polo concelleiro e tenente alcalde Manuel Santos e o Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, Alfredo Montero, ten por obxectivo favorecer a empregabilidade e impulsar o emprendemento e o desenvolvemento, nun momento no que as competencias dixitais son básicas para realizar calquera tipo de trámite.
O programa ofrece un itinerario formativo deseñado para ir avanzando dende un nivel básico ata un máis avanzado, de 40 horas cada módulo. Ademais, inclúese un módulo transversal sobre igualdade de oportunidades.
O curso celebrarase do 12 de setembro ata o 21 de outubro, en horario de 09.00 a 14.00 horas na Aula CeMit.
As mulleres demandantes de emprego interesadas en participar deste programa formativo terán que chamar ou ben ao teléfono da Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Marín (886204352) ou escribir por Whatsapp ao número 604039575. Tamén pode consultarse toda a información do programa a través da web www.galegasdixitais.es.
Coa realización completa da formación recibirase un título oficial acreditativo, emitido pola Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia. Ademais, as alumnas participantes serán obsequiadas cun ordenador portátil Chromebook, que xa será entregado ao inicio da formación para que o utilicen na mesma.
Relacionadas:
-
Estreamos outro podcast temático en PontevedraViva Radio para aprender e adestrar as competencias dixitais
Por Redacción |
-
Os socialistas critican que a Xunta imparta un curso para mulleres unicamente con profesores homes
Por Oskar Viéitez |
-
Mulleres Salgadas organiza cursos de competencias dixitais para "derrubar as barreiras que as afastan dos postos de responsabilidade"
Por Oskar Viéitez & Diana Eiras |