Estreamos outro podcast temático en PontevedraViva Radio para aprender e adestrar as competencias dixitais
Por Redacción
Este próximo luns 17 de outubro, incorpórase aos programas de PontevedraViva Radio 'ConéctaTEC'. Será así, o segundo dos podcast temáticos que se estrea esta nova tempada despois de comezar o pasado setembro 'A min tamén me pasa' sobre psicoloxía e sexualidade desde a perspectiva de xénero.
Para este novo podcast contamos con David López Pazos, adestrador tecnolóxico. Dunha forma sinxela e amena nos sucesivos programas achegará coñecementos e seguridade sobre a contorna dixital. Smartphones, tablets, computadores... están inmersos na vida cotiá, o cal non significa dispoñer dunhas habilidades adecuadas no seu correcto uso, aínda que se poida crer que así é.
O uso dos contrasinais como seguridade básica, que saber antes de comprar un teléfono móbil, o primeiro smartphone dun menor, configuracións de privacidade, redes sociais, terminoloxía descoñecida, redes domésticas, etc... serán temas que David López irá abordando en 'ConéctaTEC'.
Ademais, se hai algunha cuestión relacionada con estas competencias dixitais que queres coñecer, ou sobre as que tes dúbidas, escribe un correo electrónico a info@pontevedraviva.com e terán resposta nestos novos podcast. Poderás escoitalos no streaming de PontevedraViva Radio quincenalmente os luns ás 17.00 horas; ou ben escoitar ou descargar o podcast en calquera outro momento.
Relacionadas:
-
RADIO.- Se crees que os teus contrasinais na contorna dixital son seguros, escoita 'ConéctaTEC' e logo respondes
Por Redacción |
-
Aberta a inscrición para participar no programa Galegas Dixitais en Marín
Por Redacción |
-
Un experto en ciberdelincuencia da Garda Civil explicará a pais e nais os perigos das redes sociais
Por Redacción |
-
Alumnado do instituto de Poio ensina a persoas maiores a utilizar o móbil
Por Redacción |