O Concello de Pontevedra estuda fórmulas para reducir o impacto da suba da taxa de Sogama
Por Redacción
O goberno local de Pontevedra xa anunciou que non subirá aos comercios a porcentaxe que se estableza de suba por parte de Sogama e da Xunta pola recollida de lixo. Segundo manifestou o voceiro municipal, Raimundo González, "nós nunca llo vamos a subir a un 10% e non subiriamos o que corresponde senón menos".
Nese sentido, o voceiro do goberno local lamentou que "non se fala nada do impacto do 34 %, agardamos que coas novas reunións se poida reducir. Se se confirma, segue sendo brutal. Agardemos que se mova ficha".
O acordo entre a Xunta e os concellos para que o incremento do canon non se aplique ata 1 de xullo de 2014 é considerado por González como "unha pequena vitoria na medida en que aos cidadáns vaille repercutir a partir do 1 de xullo e saen beneficiados nunha pequena cuantía económica".
Indicou que agarda que ao longo das próximas semanas poida reducirse ese canon que superaría un incremento do 33% e espera que a Xunta de Galicia asuma parte desa taxa. "O Concello nunca subiría na mesma porcentaxe. Parte desta subida non hai máis remedio que imputarllo ao cidadán e outra asumila o Concello", matizou González que, a continuación, sinalou "se o Concello asume o montante total, ten que deixar de prestar outros servizos. Os cidadáns o van pagar sempre pola vía directa de incremento da taxa ou de que se lle presten menos servizos".
Relacionadas:
-
A xestión do 'tasazo' de Sogama enfronta ao BNG e ao PSOE no goberno local
Por Redacción |
-
Moreira esixe a Lores saber se Pontevedra seguirá tratando os seus residuos en Sogama
Por Redacción |
-
Cada fogar pontevedrés pagará 1 euro máis ao mes pola subida do canon de Sogama
Por Alejandro Espiño |
-
BNG e PSOE ratificarán a próxima semana o acordo para aprobar o presuposto
Por Redacción |