Os colexios de Bueu comezan o curso cos deberes de mantemento feitos
Por Redacción
O Concello de Bueu informa da realización nas últimas semanas de diversas actuacións de mantemento nos colexios da vila. Con motivo do inicio do curso escolar, o alcalde Félix Juncal e o concelleiro de Ensino, Xosé Leal, visitaron as diferentes instalacións para comprobar o avance das obras solicitadas pola comunidade educativa.
No CEIP Plurilingüe Montemogos de Beluso realizouse o pintado da fachada exterior en azul e branco, imprimación que tamén se fará nos próximos días no muro perimetral exterior que dá ao patio. Así mesmo, tamén se vai habilitar unha praza de estacionamento para persoas con mobilidade reducida á entrada do colexio, e que se suma á outra xa existente.
No CEIP Plurilingüe A Pedra Infantil mellorouse a accesibilidade na zona exterior. No caso do edificio de primaria de A Pedra, arranxouse un problema que había nos baños dende hai anos e tamén se fixeron pintados de interiores e exteriores, rozas e traballos na iluminación. Nas vindeiras semanas está previsto o cambio de canalóns e mellora da accesibilidade aos locais das actividades extraescolares.
Na Escola Infantil Galiña Azul retocáronse e pintáronse todas as aulas, e tamén se incorporaron murais artísticos nalgunhas delas.
Por último, no CEIP Plurilingüe A Torre de Cela ampliouse o valado de madeira da zona exterior do comedor e habilitouse outra varanda nas escaleiras de acceso dende o patio do centro ao comedor, ademais de formigonar a entrada do colexio, rozar a contorna e colocar colgadoiros e diverso material para o profesorado.
Relacionadas:
-
Alberto Varela quere falar co conselleiro de Educación do "caótico" inicio do curso escolar en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Educación acomete melloras nos colexios A Pedra e Montemogos
Por Redacción |
-
O alumnado dos centros educativos de Bueu, sobresaliente en materia de igualdade
Por Sara Iglesias |
-
A conselleira de Educación destaca o labor formativo da Biblioteca Escolar do CEIP Plurilingüe A Pedra
Por Redacción |
-
Adeus ás inundacións no pavillón do CEIP Montemogos de Beluso
Por Redacción |