Guía para non perderse nada en FERVE: horarios e programación entre o 16 e o 18 de setembro
Por Redacción
O festival FERVE xa está ao virar a esquina. Este evento que combina a cultura de cervexa, a gastronomía e a música cun carácter de romaría moderna celebrará a súa primeira edición na Alameda de Pontevedra os días 16, 17 e 18 de setembro e acaba de publicar os horarios e programación completa.
FERVE Estrela Galicia dá a mesma importancia á música, a cultura, a artesanía e a gastronomía e contará cun cartel de chefs e artistas que rivalizan en fama e talento.
No apartado musical, todas as actuacións serán gratuítas e abertas ao público.
O festival abrirao Baiuca o venres ás 22.00 horas.
O sábado, a sesión vermú estará amenizada por Guadi Galego ás 13.00 horas e haberá unha sesión nocturna con Marilia Monzón ás 22.00 horas e unha actuación de madrugada, a de La Banda de Late Motiv a partir das 23.15 horas.
O domingo, o protagonismo musical será para Xoel López. O artista actuará a partir das 14.00 horas.
En canto á gastronomía, o evento contará coa presenza dun total de 27 chefs de renome capitaneados por Javi Olleros, do restaurante Culler de Pau (dúas Estrelas Michelin), Pepe Solla, de Casa Solla (unha Estrela Michelin) e Pepe Vieira, do restaurante Pepe Vieira (unha Estrela Michelin) como anfitrións.
O cartel de chefs complétano Yayo Daporta, Alejandra Herrador e Emanuel Carlucci, Lydia do Olmo e Xosé Magalhães, Vicky Sevilla, Iñaki Bretal, Iván Domínguez, Ignacio Echapresto, Xanty Elías, Diego Guerrero, Héctor López ou Juliano Valese.
A programación inclúe as FERVE Talks, un conxunto de charlas moderadas pola xornalista Teresa Cuíñas que reunirán a cociñeiros e expertos doutras disciplinas para poñer sobre a mesa preguntas sobre o futuro, a sociedade e a sustentabilidade a través da cociña.
Estas charlas, que estarán abertas ao público, precisan de previa inscrición na páxina web www.estrellagalicia.es/ferve.
Serán: 'Gastro+Ciencia: Entender o valor do que comemos' o sábado 17 ás 11:30 horas; 'Comedores comunitarios: A revolución ecolóxica na cociña de colectividades' o sábado ás 19:30 horas; e 'Cociña de aldea: O restaurante como axente de cambio na comunidade rural' o domingo 18 ás 13:00 horas.
FERVE contará con oito tipos de talleres nos que o público pode participar previo rexistro na web www.estrellagalicia.es/ferve.
- O 'Taller Galicia Calidade', impartido en dúas ocasións, unha por Héctor López o sábado ás 12.30 e e outra por Iñaki Bretal, será o domingo ás 12.00 horas.
- O taller 'A que soa a túa cervexa?' terá dúas sesións o sábado, ás 11:30 e as 12:30 horas, ambas as impartidas por Victor Mantiñán.
- 'Tiraxe de cervexa by MEGA' será o sábado de 11:30 a 13:05 e de 20.30 a 22:00 e o domingo de 11:30 a 13:05 horas.
- 'Como se fai La Estrella de Galicia, a nosa receita orixinal' terá 5 quendas o sábado e dúas quendas o domingo.
- O xogo de 'Cata a cegas con Cervexas 1906' será o sábado 4 quendas (11:45, 12:45, 19:30, 21:30) e o domingo uno só, ás 12:15.
- O 'Roteiro da Colleita by MEGA' terá o sábado 6 quendas (11:30, 12:15, 13:00; 20:30, 21:15, 22:00) e o domingo 3 quendas (11:30, 12:15, 13:00)
- O 'Taller Desperdicio Zero by Diego Guerrero' será o sábado ás 13:00 horas.
- Adrián Felípez - Miga - A Coruña
- Alejandra Herrador y Emanuel Carlucci - Atalaya - Castellón
- Beatriz Sotelo - A Coruña
- Begoña Vázquez Gago - Regueiro da Cova - Verín
- Carlos Gea - Living - Vigo
- Diego Guerrero - DSTAgE - Madrid
- Héctor López - España - Lugo
- Ignacio Echapresto - Venta Moncalvillo - La Rioja
- Iñaki Bretal - Eirado da Leña - Pontevedra
- Iván Domínguez - NaDo - A Coruña
- Javier Olleros - Culler de pau - O Grove
- Javier R. Ponte "Taky" - Catering Boketé - Cambre
- Juliano Valese - Torero Valese - Brasil
- Lydia del Olmo e Xosé Magalhães - Ceibe - Ourense
- Marta García - Meigas Fóra - Pontevedra
- Marta Santiago - A Fervella - Pontevedra
- Pepe Solla - Casa Solla - Poio
- Rubén González - El Cafetín - Pontevedra
- Toño Lorenzo Gay - A Faragulla - Chantada
- Vicente Tortajada - La Culpa de la Gula - Pontevedra
- Vicky Sevilla - Arrels - Sagunto
- Víctor Martín - Trigo - Valladolid
- Xanty Elías - Finca Alfoliz - Aljaraque
- Yayo Daporta - Yayo Daporta - Pontevedra
Relacionadas:
-
FERVE, a reinvención da romaría galega que congregou máis de 10.000 persoas na Alameda
Por Redacción |
-
Xoel López dálle ao FERVE Estrella Galicia unha masiva despedida na Alameda
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
FERVE Estrella Galicia ou como modernizar a romaría galega en plena Alameda de Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
A gastronomía pontevedresa exhibe o seu potencial no arranque do FERVE Estrella Galicia
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Música, gastronomía e cultura cervexeira, man a man na primeira edición de FERVE Estrella Galicia
Por Alejandro Espiño |
-
FERVE amplía o seu cartel gastronómico con Yayo Daporta e musical con Guadi Galego
Por Redacción |
-
Así será Río Verbena, o festival que poñerá o broche de ouro ao verán pontevedrés
Por Alejandro Espiño |
-
FERVE, a festa que fusiona música e gastronomía para "reinventar a romaría galega"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |