Protesta antiespecista: "Los animales son amigos, no comida"
Por Oskar Viéitez
Moitos pontevedreses pasearon este sábado pola rúa Oliva que amenceu chea de mensaxes que reinvindicaban "o fin dos malos tratos animais".
"Los animales son amigos, no comida" era unha das rechamantes frases pintadas no chan con xiz durante a noite do venres pola Irmandade Antiespecista de Pontevedra.
Esta acción forma parte do Worlwide Vegan Chalking Night, no que participaron unhas 230 cidades de 56 países de todo o mundo para axudar a difundir e celebrar a causa vegana. En Pontevedra celebrouse cunha semana de atraso para evitar a coincidencia coa Feira Franca.
Segundo a Real Academia Española (RAE) o especismo é a discriminación dos animais por consideralos especies inferiores, a crenza segundo a cal o ser humano é superior ao resto dos animais, e por iso pode utilizalos en beneficio propio.
En canto ao veganismo é a actitude consistente en rexeitar alimentos ou artigos de consumo de orixe animal, por tanto, as persoas veganas móstrase en contra xa non só do seu consumo a nivel alimenticio, senón do seu uso en industrias cosméticas, farmacéuticas ou no mundo da moda.