Aprobado o proxecto para dotar de novas beirarrúas á vía autonómica que pasa por Beluso

Por Redacción

© Xunta de Galicia
O Consello da Xunta aprobou este xoves 29 de setembro o proxecto de mellora da seguridade viaria e da mobilidade na estrada autonómica PO-315, ao seu paso pola parroquia de Beluso, no concello de Bueu.
O investimento que o Goberno galego destinará á construción dunha nova beirarrúa nesta vía autonómica roldará os 340.000 euros, incluíndo o pagamento dos 8 predios necesarios para a execución da intervención.
A aprobación definitiva deste proxecto leva tamén aparellada a declaración de utilidade pública, pola que se dispón a urxente ocupación dos terreos necesarios para executar esta nova intervención en Bueu.
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade ten previsto licitar as obras e convocar o levantamento de actas previas das expropiacións no último trimestre deste ano, para a súa execución no ano 2023. O prazo de execución dos traballos é de seis meses.
NOVAS BEIRARRÚAS
A actuación prevé a construción dunha beirarrúa de formigón dunha anchura de dous metros pola marxe esquerda da PO-315 nun treito duns 600 metros de lonxitude, que conectará as beirarrúas existentes nos núcleos da Achadiza e da Rúa Nova de Abaixo, entre os puntos quilométricos 2+150 e 2+750.
Así mesmo, ampliarase a plataforma da estrada e instalaranse paradas de autobús con refuxios en ambos os laterais da vía, á altura do punto 2+500.
Os traballos incluirán a mellora da drenaxe e a adecuación e modernización dos servizos existentes nese treito, ademais da renovación da capa de rodaxe naquelas zonas da estrada que teñan o firme deteriorado.
Relacionadas:
-
Acelerón nas obras para acondicionar a área de autocaravanas de Achadiza
Por Redacción |
-
A Xunta inicia a construción da beirarrúa na estrada PO-315, en Beluso
Por Redacción |
-
Asinado o convenio urbanístico coa familia Davila para a cesión dunha parcela no centro de Beluso
Por Redacción |
-
Bueu presenta experiencias exitosas na rede, no audiovisual e no videoxogo que teñen o galego como lingua vehicular
Por Redacción |
-
Investirán 265.000 euros en instalar beirarrúas no treito da PO-315 por Beluso
Por Redacción |
-
En decembro estarán rematadas as obras de reparación do colector de pluviais da PO-315 en Bueu
Por Redacción |