Iberoamérica reivindícase desde O Grove como socio "capital y natural" de Europa
Por Alejandro Espiño
O papel de Iberoamérica dentro da nova orde mundial foi un dos temas que se abordou na segunda xornada do congreso Foro La Toja-Vínculo Atlántico que se está celebrando na illa da Toxa, no Grove.
Ata alí acudiu o ex presidente de Arxentina, Mauricio Macri, e o Secretario Xeral Iberoamericano, Andrés Allamand, que pediron axuda a España para "destrabar" os acordos comerciais para que América Latina sexa un "gran provedor de servicios y bienen" para Europa.
Tras a "invasión criminal" de Ucraína por parte de Rusia e a "alteración" que provocou nas economías europeas, Macri sostivo que Iberoamérica pode satisfacer a demanda europea en materia enerxética ou alimentaria.
Ata o de agora, segundo o ex presidente arxentino, "hemos sido la región más reacia a esta apertura, algo que ao seu xuízo provocou que o seu crecemento económico "sea el más bajo del mundo", a pesar de dispoñer de recursos "de todo tipo".
Os países de América Latina deben ter unha "relación fuerte" con Europa, unha unión "que está por debajo de su potencial y que no tiene por qué mantenerse así", sinalaron ambos.
Para avanzar nesta nova etapa, Allamand solicitou o apoio de España para "articular" un mellor diálogo político coa UE, "destrabar" os acordos comerciais entre ambas as rexións, xerar un maior fluxo de investimentos europeos en Latinoamérica e mellorar a cooperación.
"América tiene que reintegrarse con mayor fuerza al mundo", segundo o Secretario Xeral Iberoamericano, para o que Europa é un socio "absolutamente capital y natural".
Na sesión matinal deste venres no Foro La Toja-Vínculo Atlántico estivo ademais o presidente nacional do PP, Alberto Núñez Feijóo, que centrou a súa intervención en criticar o "populismo fiscal" do Goberno, por crear impostos contra determinados sectores.
Esta reforma tributaria, segundo Núñez Feijóo, é "confusa, improvisada e incompleta", un "error" e unha "enorme decepción", xa que considera que só conseguirá profundar na división social e facer máis custosa a recuperación económica.
Tras subliñar que hai momentos nos que baixar a presión tributaria "no es de derechas ni de izquierdas sino de sentido común", subliñou que non é a política fiscal moderada a que dana ao estado do benestar, senón a mala xestión do mesmo.
Relacionadas:
-
Pedro Sánchez insiste no Foro La Toja en que "los más pudientes tienen que arrimar el hombro"
Por Oskar Viéitez |
-
Felipe Gonzalez e Mariano Rajoy propoñen "que declaren illa independente do resto do mundo" á Toxa
Por Redacción |
-
Felipe VI afirma en A Toxa que a guerra de Ucraína está a ser "un nexo de unidad y de solidaridad"
Por Oskar Viéitez |
-
A Toxa, de novo escenario do 'cara a cara' entre González e Rajoy
Por Redacción |