Investigan se o detido tras tentar roubar no Supercor é o autor de cinco atracos na última semana
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Policía Local de Pontevedra detivo, ao longo da tarde deste xoves 5, un home que intentara roubar cun coitelo no supermercado Supercor situado na rúa Loureiro Crespo de Pontevedra e, posteriormente, no bar Los Amigos.
Segundo fontes policiais, o home non conseguiu levar a cabo o roubo e fuxíu correndo pero non logrou escapar dos axentes. Era detido no centro da cidade.
Fontes da Policía Local teñen confrmado que os axentes que participaban no operativo de tráfico da rúa Blanco Porto recibiron o aviso de que un individuo armado cun coitelo intentara roubar na carnizaría do Supercor de Loureiro Crespo e, pouco despois, no bar Los Amigos, a poucos metros, pero neste último caso non chegou nin a sacar o coitelo porque había moitos clientes.
Os axentes localizárono a poucos metros de alí e procederon á súa detención. Trátase dun veciño de Pontevedra que ten o seu domicilio establecido nunha rúa próxima ao lugar do arresto e conta con antecedentes policiais. Localizáronlle un coitelo de folla de serra e respondía á descrición física achegada polas vítimas dos intentos de atracos. A continuación. foi trasladado á Comisaría da Policía Nacional.
A Policía Nacional investiga se este individuo é tamén o autor doutros cinco roubos cometidos durante os últimos días. Os roubos teríanse perpetrado en dúas farmacias, un estanco, un bar e un supermercado. En todos eles, o modus operandi consistía en irromper nos establecementos cun coitelo (unha pistlo no caso do estanco da avenida de Santa María e a farmacia da Verdura) e ameazar os empregados para, a continuación, forzalos a abrir a caixa rexistradora e levarse todo o que encontrara no seu interior. O botín máis elevado que alcanzou durante estes roubos ascende a 300 euros. Tras o atraco, o delincuente sempre fuxía a pé e sempre actuou só excepto na farmacia de José Malvar.
Relacionadas:
-
O xulgado deixa en liberdade o home detido tras intentar roubar no Supercor
Por Oskar Viéitez |
-
Segundo atraco a punta de coitelo en 24 horas na cidade
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Dous encapuchados atracan unha farmacia cun coitelo e levan toda a recadación e 50 euros dun cliente
Por Natalia Puga |