Solicitan a colaboración dos veciños de Portas para evitar o mal uso dos contedores de lixo
Por Redacción
O Concello de Portas solicita a "máxima colaboración veciñal" para evitar que se sigan utilizando de maneira inadecuada os contedores de lixo do municipio.
Nos últimos días leva aparecendo de maneira reiterada: material de obras, entullo, anacos de mangueira eléctrica, entre outros elementos que non se poden depositar nestes recipientes de recollida de residuos sólidos urbanos.
Ante esta situación, o Concello advirte de que "se tomarán medidas contra os infractores" xa que a proliferación de residuos inapropiados están a provocar "serias avarías" no camión de recollida de lixo que ao accionar os sistemas de empacado resultan danados.
Por outra banda, o Concello de Portas puxo en coñecemento da Garda Civil o achado de restos de mangueiras eléctricas seccionadas co fin de que comproben a súa orixe e determinen se están relacionadas co material substraído recentemente no municipio.
O Concello de Portas leva meses renovando os contedores e optimizando o servizo de recollida de lixo polo que reitera a súa petición de colaboración veciñal para que este traballo se realice de maneira correcta.
Relacionadas:
-
O "desmesurado" IPC elevará o novo contrato do lixo a máis de 11 millóns anuais
Por Alejandro Espiño |
-
Catro novos puntos limpos móbiles reforzarán o servizo de recollida de residuos en Vilagarcía
Por Redacción |
-
Unha empresa especializada fumigará o entorno de Acuña para erradicar a praga de pulgas
Por Redacción |
-
O servizo de recollida de voluminosos de Poio fai máis de 100 retiradas ao mes
Por Redacción |