Cedofeita presenta o número 25 da súa revista onde se aborda a reforma da Lei de Montes Veciñais
Por Redacción
Este mércores 19 ás 20.00 horas, a Asociación Socioculutral Cedofeita de Lérez ofrecerá unha presentación do último exemplar da revista que edita na Casa dás Campás, sede da Vicerreitoría do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.
Xosé L. Estévez Solla coordina un acto no que participarán José M. Pidre Novás, Amancio Castro González e Xosé Carlos Morgade Martínez, autores dos artigos que analizan a industria téxtil dos irmáns Lles en Pontevedra; árbores curiosas da Xunqueira do Covo; e a intención das comunidades de montes de reformar a Lei de Montes Veciñais, respectivamente.
A revista, que chega ao seu número 25, presenta outros artigos sobre temas como defensa do rural, as virxes do Camiño e Peregrina; heráldica local; represión franquista, literatura; simboloxía funeraria e seres imaxinarios; entre outras. Ademais, o exemplar ofrecerá as súas seccións habituais coa última exposición dedicada ás vías de comunicación de Lérez.
As persoas que asistan ao acto recibirán un exemplar da revista Cedofeita.
Relacionadas:
-
Calo Lourido falará da "construción interesada e falsa" da historia de España na Casa de Cultura de Lérez
Por Redacción |
-
Cedofeita inaugura unha mostra sobre os camiños do Lérez no mosteiro de San Bieito
Por Redacción |
-
Cedofeita presenta 'Historia de Lérez', un libro colectivo que analiza a traxectoria da parroquia
Por Redacción |