A nova iluminación da Praza de Frei Antonio Orge adaptará a súa intensidade ás distintas épocas do ano
Por Redacción
A reforma da Praza de Frei Antonio Orge avanza a "bo ritmo", segundo valora o Concello de Ponte Caldelas, que anuncia que nas vindeiras semanas incorporará un pioneiro sistema de iluminación que mellorará notablemente a seguridade viaria, peonil e o confort lumínico.
A reforma da Praza Frei Antonio Orge incorpora un sistema de luces con tecnoloxía biodinámica na que a temperatura de cor da iluminación se adapta ó ritmo da cidadanía, mellorando a habitabilidade, a seguridade e a eficiencia.
O ton e a intensidade da luz varían nas distintas horas da noite, de especial importancia en outono e inverno: no solpor haberá sensación de luz solar e a medida que avanza a noite a temperatura baixa a unha luz máis cálida.
A maiores, na licitación contémplase a substitución das catro farolas existentes na rúa por novas luminarias máis eficientes e con diseño acorde co resto das luminarias da praza. Instalaranse destelladores secuenciais incorporados ás columnas das dúas luminarias ao inicio e ao final da rúa e tamén un balizamento de luz vermella incorporada ao pavimento ao inicio e ao final da rúa, para advertir ós conductores da entrada nunha zona de convivencia do peón co vehículos.
A remodelación da Praza de Frei Antonio Orge aportará o concello un novo espazo "para o uso de desfrute de todos os veciños de Ponte Caldelas", explica o alcalde Andrés Díaz.
Relacionadas:
-
As vivendas de Ponte Caldelas estarán numeradas a partir do martes
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas presume de transformación urbana con tres obras financiadas pola Deputación
Por Redacción |
-
As obras de reordenación da Praza Frei Antonio Orge, a piques de comezar
Por Redacción |
-
A caótica Praza Frei Antonio Orge converterase nun espazo de encontro cidadá
Por Redacción |