O segundo Marín Gaming Fest, un éxito polo que pasaron 700 persoas
Por Redacción
A celebración do Marín Gaming Fest a pasada fin de semana rexistrou unha afluencia aproximada de 700 persoas.
"Consideramos que este evento gañou forza na segunda edición e esperamos poder seguir facéndoo crecer en vindeiras ocasións", explican desde o Concello de Marín.
O Concello de Marín valorou este sábado que a segunda edición do evento "deixou un moi bo sabor de boca", tanto entre os organizadores como entre os asistentes.
O Goberno local destaca que o evento "se converteu nunha cita obrigada" no calendario dos afeccionados ao mundo gaming.
Segundo o balance realizado polo Concello, tanto as artistas como as persoas que puxeron postos de venda de produtos relacionados coa temática do Marín Gaming Fest destacaron o bo ambiente que houbo ao longo das dúas xornadas e o amplo abanico de idades dos asistentes.
Houbo unha moi elevada participación tanto nos torneos como no xogo libre e algunhas das propostas deste ano, como os xogos de mesa ou os xogos 'retro' tiveron moi boa aceptación.
Desde o Concello tamén quixeron poñer en valor a batalla de galos que se levou a cabo no multiusos da man de BhB Galicia e que congregou aos 32 mellores freestylers do panorama galego actual.
Relacionadas:
-
Os xogos de mesa desembarcan esta fin de semana no Museo Torres de Marín
Por Redacción |
-
Entretemento virtual no Pavillón da Raña coa primeira xornada do Gaming Fest
Por Redacción |
-
RADIO.- Falamos de rap, freestyle e batallas de galos con Bastián Hermo que "espreme estímulo" con PontevedraViva Radio
Por Marisa Ciordia |
-
Unha batalla de galos de freestyle na Alameda axitará o II Marín Gaming Fest
Por Redacción |