Presentan un documental sobre a orixe poiense de Colón
Por Redacción
O Plan de Dinamización da Casa Museo Colón, en Portosanto, culmínase cun documental sobre a orixe poiense do descubridor que foi presentado este venres en sociedade.
A tenente de alcalde, Silvia Díaz, e o edil de Pesca e Marisqueo, Julio Casás, presentaron a peza, realizada por Fernando Portela e que se exhibirá nas instalacións de Cásaa Museo en Portosanto e na web de Turismo de Poio www.turismodepoio.gal.
Tanto o Plan de Dinamización como a realización desta obra sufragáronse grazas a unha subvención obtida a través Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) ría de Pontevedra, posible grazas á adhesión do Museo á Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA).
Ademais durante a presentación do vídeo, á que tamén acudiu o presidente da Asociación Galicia Histórica, Pedro Martín, Silvia Díaz explicou que a peza audiovisual "fai fincapé nos piares nos que se basea a defensa da orixe poiense de Colón, como son as evidencias históricas, a documentación existente, a linguaxe empregada polo navegante e a toponimia dos territorios americanos coincidente cos existentes na ría de Pontevedra".
O vídeo, de catro minutos de duración, foi realizado por Fernando Portela, da empresa IMACO, e servirá para complementar a exposición permanente existente na Casa Museo, instalación que permanecerá pechada os próximos meses para levar a cabo obras de mantemento.
Relacionadas:
-
A Casa Museo de Colón participará na Rede REMA
Por Redacción |
-
Tres proxectos do GALP Ría de Pontevedra optan polos Premios Economía Azul
Por Redacción |
-
A Casa Museo de Colón recibiu máis de 800 visitantes desde xuño
Por Redacción |
-
As visitas teatralizadas á Casa Museo de Colón xa están en marcha
Por Redacción |