Forzan a entrada dun banco en Marín para levarse 160 euros en moedas
Por Natalia Puga
Un individuo forzou a porta de entrada a unha sucursal bancaria de BBVA en Marín de madrugada, revolveu o interior do local, fixo saltar a alarma e finalmente se levo un botín de tan só 160 euros, todo en moedas.
O ladrón está a ser buscado pola Policía Nacional, pois en canto saltou a alarma do banco se fuxiu. Unha patrulla policial e a empresa de seguridade privada se deplazaron ao lugar, pero xa só puideron examinar o establecemento para recoller probas.
Segundo confirmaron fontes policiais, o roubo produciuse sobre as 00.15 horas da madrugada do luns ao martes na entidade da rúa Jaime Janer. Ao parecer, o individuo accedeu ao caixeiro e, dende aí, forzou a porta de acceso e entrou ao local.
Unha vez no interior, revolveu os distintos mostradores e finalmente localizou unha caixa das utilizadas habitualmente para gardas os cambios en moedas e levouse todo o contido 160 euros.
A Policía Nacional está a recoller probas e analizando todo indicio que poida axudar a localizar o individuo, entre eles as gravacións das cámaras de seguridade que teñen todos os bancos.