Emotivo acto de despedida do BNG a Luciano Sobral, despois de case tres décadas como alcalde de Poio
Por Oskar Viéitez
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, participou este domingo en Poio na presentación da candidata á Alcaldía, Marga Caldas, nun acto que tamén foi unha emotiva despedida ao que foi rexedor municipal durante case tres décadas, Luciano Sobral.
"Unha persoa que foi capaz de tranformar este municipio, compromentida con este concello e con Galiza, un exemplo do bo facer dos gobernos municipais do BNG", destacou a líder nacionalista do aínda alcalde.
Da candidata do BNG dixo que é "unha muller con experiencia e capacidade, que aporta novas ilusións e ganas renovadas, que coñece moi ben a xestión do día a día do municipio, cun proxecto para seguir mundando Poio en positivo", explicou Pontón, en referencia a Marga Caldas.
Pola súa parte, Luciano Sobral trasladou todo o seu apoio a Marga Caldas e confensou que este momento de dar o relevo "é moi emotivo" tras tantos anos en primeira liña e instou a todo o BNG a activarse ao máximo "para que Marga Caldas sexa a próxima alcaldesa, a primera muller alcaldesa da historia deste concello".
"Para min é un orgullo coller o relevo a Nito", subliñou a nova candidata, "demostramos que sabemos facer ben as cousas" afirmou antes de comprometerse a "dar un novo impulso porque sabemos o que este concello precisa e imos seguir dando o mellor de nós mesmas para que Poio continúe avanzando cara un futuro mellor".
SANIDADE
Pontón destacou que a cidananía deu ao Bloque a responsabilidade de ser a forza que debe liderar a alternativa a un Partido Popular "empeñado en seguir atacando aos servizos públicos, empeñando en demoler a sanidade pública colocando contra as cordas atención primaria, sen ter en conta que atacar á sanidade pública é atacar á saúde dos e das galegas".
"Basta xa de ocorrencias", dixo en referencia a propostas "como que o persoal de enfermería asuma as funcións do persoal médico", nese sentido, o BNG leva ao pleno desta semana unha moción en "contra desa pretensión do Partido Popular".
Relacionadas:
-
Luciano Sobral pecha unha candidatura do BNG de Poio chea de "forza, ilusión e capacidade"
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG de Poio presenta á súa candidata Marga Caldas cun xantar aberto á veciñanza
Por Redacción |
-
RADIO.- Nito, Catalina e Luís conversan sobre a vida despois de anos nunha alcaldía
Por Redacción |
-
Marga Caldas, ante o reto de "coller o legado de Nito e abrir un proxecto de futuro para Poio"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |