Pontevedra defende o tardío encendido do Nadal por "responsabilidade" ante a crise enerxética
Por Alejandro Espiño
Non haberá adianto nas datas previstas para o encedido da iluminación do Nadal.
O goberno municipal defendeu que a decisión de atrasar ata o día 16 de decembro a decoración lumínica da cidade adoptouse por "responsabilidade" ante a crise ambiental que atravesa o planeta e os prezos desorbitados da enerxía.
As luces de nadal estarán acendidas entre o 16 de decembro e o 8 de xaneiro, uns dez días menos que en 2021. Poderán verse entre as seis da tarde e as dúas da madrugada, excepto en Noiteboa e Fin de Ano que estará activa ata as catro.
"Podo entender que haxa xente que discrepe da decisión pero entendemos que é o máis axeitado", explicou a edil de Festas, Carme da Silva, que subliñou que esta medida foi froito dun proceso de reflexión ante a situación que atravesa o país.
Da Silva asegura que o Concello é "consciente" de que adoptar unha decisión deste calado "é ir a pé cambiado" co que están a facer moitos outros municipios, pero reitera que por "racionalidade" esta iluminación debe cinguirse á época propiamente do Nadal.
A edil asegurou que as administracións públicas deben mandar mensaxes "serias e non contraditorios" á sociedade, cando aos cidadáns se lles pide que aforren enerxía, que hai unha crise enerxética enorme ou que pode haber risco na subministración de calefacción.
"En coherencia con esa situación é polo que decidimos acender as luces ou día 16", engadiu a representante municipal, que calcula que activar a iluminación nas datas habituais houbese disparado o custo nun 40% máis dos 140.000 euros que gastará Pontevedra.
O Concello sostén que o comercio local "non se vai a ver afectado" por esta medida, da mesma maneira que o outras datas festivas como o Entroido ou as Festas da Peregrina o encemdido limítase aos días nos que se celebran as festas.
Ademais, ante as críticas de Zona Monumental ou AEMPE, que colaboran coa iluminación do Nadal, Carme da Silva asegurou que ambas as entidades eran coñecedoras desta decisión "porque se lles fixo partícipes dela" e ningunha delas obxectou nada respecto diso.
Coa iluminación do Nadal, concluíu Da Silva, demóstrase "por onde queremos tirar socialmente con diversas cousas" e Pontevedra entende, segundo insistiu, que ante a emerxencia climática esta iluminación debe limitarse a cubrir o período de nadal.
O de Vigo, segundo a concelleira pontevedresa, é unha "concepción totalmente diferente" do seu modelo de cidade. "Non estamos de acordo con moitas das cousas que se fan en Vigo e esta é unha delas", sentenciou Da Silva.
Relacionadas:
-
O Mercado de Abastos inaugura a súa iluminación cun "coidado absoluto polo medio ambiente"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O atraso no acendido das luces de Nadal "non é un drama", asegura Lores
Por Alejandro Espiño |
-
Conchi Pereiro, vicepresidenta de AEMPE: "se na túa cidade non tes alumeado, vas a outros sitios para ver ese ambiente"
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
O mercado de árbores naturais para o Nadal regresa á Praza de Ourense
Por Redacción |
-
Domínguez afirma que aínda non está asinado o contrato do alumeado de Nadal e que Lores "trata de ocultar unha chapuza"
Por Anxo Lourido |
-
As carpas de Ponte Xogos na Alameda tampouco agardarán polas luces de Nadal
Por Alejandro Espiño |
-
Lores defende que o atraso no aceso da iluminación do Nadal "non é por aforro exactamente. É simbólico, é un xesto"
Por Diego Espiño |
-
O mercado adianta o seu Nadal e iluminarase 11 días antes que o resto da cidade
Por Natalia Puga |
-
Animan á cidadanía a suplir a falta de luces de Nadal iluminando fachadas, escaparates e balcóns
Por Natalia Puga |
-
Comerciantes e hostaleiros rebélanse contra a decisión "arbitraria e insolidaria" de atrasar as luces de Nadal
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Domínguez pide o adianto da iluminación de Nadal para favorecer o comercio local e hostalería
Por Redacción |
-
Pontevedra non encenderá as luces de Nadal ata o 16 de decembro
Por Alejandro Espiño |