A Policía Local de Sanxenxo tramitou 2.603 denuncias de tráfico durante este ano
Por Redacción
A Policía Local de Sanxenxo tramitou no que vai de ano 2.603 denuncias de tráfico das que o 2.342 resultaron ser por mal estacionamento e 32 por alcoholemia. O servizo de guindastre requiriuse nun total de 258 ocasións para a retirada de 183 vehículos e para a colocación do cepo en 93 coches.
A Policía Local realizou durante este ano un total de 10.325 atencións telefónicas nos que en distintos casos requiriuse a súa intervención ou axuda. Destas chamadas, as máis numerosas foron para solicitar información (4.556), queixas de distinto tipo (912), por seguridade cidadá (428), por ruído (259), por asistencia a persoas (289) e por accidentes de circulación (259).
En menor número rexistráronse chamadas por casos de violencia de xénero (9), por botellón (22) ou vehículos abandonados (12). En canto a servizos administrativos, realizáronse 29 atestados xudiciais dos que 8 tramitáronse como delitos contra a seguridade do tráfico, 1 por danos no interior dunha vivenda, 5 por lesións leves e 3 por atentado contra axentes da autoridade.
Tamén se tramitaron 18 denuncias administrativas #ante a Subdelegación do Goberno, 45 informes para conceder vaos permanentes e 119 informes urbanísticos.
OBXECTOS PERDIDOS
Ás oficinas da xefatura policial de Sanxexo chegaron 659 obxectos perdidos ben atopados na vía pública polos axentes ou ben achegados por algún viandante. Entre os aveños máis extraviados destacan as documentacións de distinto tipo desde pasaportes ata DNI ou carnés de conducir que son facilmente devoltos aos seus donos.
Ás oficinas policiais tamén chegaron carteiras con distintas sumas de diñeiro, algunha mesmo con 600 euros, que en moitos casos puidéronse devolver aos seus propietarios ao contar con documentación e noutros casos atópase no depósito á espera de que sexa reclamada. Entre os obxectos perdidos tamén hai maletas, bolsas, mochilas, xoias de ouro e chaves.
Relacionadas:
-
Tres novos policías locais para Sanxenxo, que aspira a elevar o seu plantel a un total de 23
Por Redacción |
-
Impacta contra un baixo na Praza do Pazo de Sanxenxo, abre unha fenda e dáse á fuga
Por Redacción |
-
Un incendio calcina dous vehículos e material almacenado no garaxe anexo a unha vivenda en Noalla
Por Redacción |
-
Sanxenxo saca a licitación o alugueiro de dúas naves como almacén para distintos servizos municipais
Por Redacción |