Pontevedra acollerá en 2023 o encontro anual de presidentes das audiencias provinciais
Por Redacción
A cidade de Pontevedra acollerá entre os días 12 e 14 de xuño de 2023 o encontro anual de presidentes das audiencias provinciais españolas.
Así o anunciou a subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, tras manter unha reunión co presidente da Audiencia Provincial de Pontevedra, Francisco Javier Menéndez, quen lle informou da futura celebración deste evento.
Larriba celebrou que Pontevedra vaia a acoller aos 47 presidentes e presidentas destes órganos xudiciais "contribuíndo á proxección desta cidade".
Para este encontro, a subdelegada ofreceu "todos os medios" dos que dispón a administración xeral do Estado na provincia de Pontevedra para poder axudar a que estas xornadas "sexan todo un éxito".
Nestes encontros técnicos, os máximos responsables das audiencias provinciais de España abordan diferentes asuntos de actualidade e propoñen medidas para mellorar o funcionamento da xustiza local.
A última edición destas xornadas tivo lugar en Granada.