O persoal do Diario de Pontevedra maniféstase polas rúas da cidade
Por Redacción
Os traballadores do Diario de Pontevedra volveron a saír á rúa este mércores para protestar contra a precarización laboral á que levan sometidos durante os últimos anos.
A marcha comezou ás 20 horas desde a Praza da Peregrina co obxectivo de facer saber á poboación pontevedresa que levan soportando sete anos de conxelación salarial e de perda de poder adquisitivo, que se viu acrecentada nos últimos meses pola inflación dos prezos.
Reclaman á empresa salarios dignos e un convenio xusto. E fixérono percorrendo rúas do centro da cidade como Frei Xoán de Navarrete, Cobián Areal e Benito Corbal.
Os empregados do xornal lembran que as súas nóminas levan conxeladas desde fai sete anos, que se viron afectados por un ERTE vinculado á pendamia que lles está supoñendo un auténtico quebranto económico. Tamén sinalan que, do mesmo xeito que lle ocorre ao resto da cidadanía, a inflación está a ter efectos devastadores nas súas economías domésticas.
Esta mobilización prodúcese tras a concentración celebrada o pasado 30 de novembro preto da sede da empresa, á que lle esixen unha negociaicón xusta que satisfaga anos de ausencias de melloras nas condicións salariais dun persoal formado por máis de cincuenta persoas, moitas delas mileuristas.
Así mesmo, o comité mantén a convocatoria dunha folga indefinida a partir do 22 de decembro. Unha medida apoiada pola asemblea de traballadores, que manteñen a man tendida ao diálogo para desbloquear un conflito marcado por anos de rebaixas salariais, despedimentos e incumprimentos reiterados de acordos sociolaborais.
Relacionadas:
-
Persoal do Diario de Pontevedra concéntrase ante o temor dun plan de recortes despois de catro despidos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O persoal do Diario de Pontevedra protestará na rúa contra os últimos despidos
Por Redacción |
-
Desconvocada a folga indefinida no Diario de Pontevedra ao acordar unha suba salarial
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Os traballadores do Diario de Pontevedra seguen en loita para reclamar un convenio xusto
Por Redacción |
-
Persoal do Diario de Pontevedra mobilízase para reclamar un convenio colectivo digno con salarios xustos
Por Mónica Patxot & Redacción |