Novo golpe ao narcotráfico en Galicia con 14 detidos e rexistros no Salnés
Por Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
A Garda Civil realiza desde primeira hora deste martes unha "importante" operación contra o tráfico de drogas con impacto importante en Galicia e, en particular, na provincia de Pontevedra, con rexistros nas localidades de Ponte Caldelas, Vilagarcía de Arousa, Cambados e Vigo.
Segundo a información facilitada polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), detívose a 14 persoas e o xulgado de Vigo que dirixe a operación autorizou a abordaxe dunha embarcación en Tenerife, así como o rexistro da mesma.
Entre os 14 detidos figuran os tres tripulantes da citada embarcación.
Fontes oficiais da Garda Civil confirmarno que a operación a desenvolven axentes do Equipo de Delincuencia Organizada e Antidrogas (EDOA) e do Equipo contra o Crime Organizado (ECO) Galicia, ambos con sede na Comandancia de Pontevedra.
Os axentes especializados en loita contra a droga realizaron rexistros desde primeira hora da mañá.
A operación realízase en localidades da Coruña, Ourense e Pontevedra. Nas provincia pontevedresa, ademais das xa confirmadas de Ponte Caldelas, Vilagarcía de Arousa, Cambados e Vigo, tamén se está actuando noutras localidades como Ponteareas.
Trátase de rexistros tanto en vivendas como en sedes de empresas pola súa posible vinculación coas actividades de tráfico de drogas.
O Xulgado de Instrución númo 1 de Vigo dirixe esta operación, que segue aberta. A causa está declarada secreta.
Relacionadas:
-
Catro detidos en Arousa nunha nova operación contra o tráfico de drogas
Por Redacción | Creada e actualizada
-
A ruta africana, confirmada como unha das máis utilizados polas redes de narcos galegos
Por Natalia Puga |
-
O barco apresado en Canarias portaba tres toneladas de cocaína con destino a Galicia
Por Redacción |