Entrega de xoguetes e lotes de roupa na inauguración da nova sede de Boa Vida
Por Redacción
As doazóns veciñais para a campaña de Nadal permitiron que a asociación Boa Vida entregara varios xoguetes e lotes de roupa a preto dun cento de familias da cidade con motivo da inauguración da nova sede destinada a cursos e actividades para persoas en situación vulnerable.
Neste acto tamén se sorteaban, entre as familias que presentaban vales para xoguetes e roupa, un total de vinte osos de peluche elaborados a man por persoas internas no Centro Penal da Lama. Os asistentes gozaron ademais dun petisco para celebrar estas festas.
A nova sede, situada na rúa Echegaray 10, foi inaugurada coa presenza de Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra; de Olga María García Ballesteros, deputada provincial; o director xeral de Inclusión Social da Xunta, Arturo Parrado; e o concelleiro de Benestar Social do Concello, Marcos Rey.
Pepa Vázquez, coordinadora de Boa Vida, e Lourdes Bustamante, coordinadora das tendas desta asociación, agradeceron tanto o apoio das institucións como do persoal voluntario que colabora coa entidade.
Ambas explicaron que persoas en risco de exclusión social integradas nos programas de Boa Vida participan nestas accións de recollida, preparación, clasificación, almacenaxe e venda de xoguetes, roupa e artigos elaborados con material reciclado coa intención de desenvolver unha fórmula de inclusión laboral e social.
Relacionadas:
-
Unha exposición percorre os momentos cruciais da loita pola xustiza social na Casa das Campás
Por Redacción |
-
'Emerxencia vivenda', a campaña de Boa Vida, Cáritas e Manos Unidas para loitar contra a pobreza
Por Redacción |
-
A campaña 'Caixas de ilusión' recolle 400 quilos de alimentos que se entregarán entre 50 familias de Poio
Por Redacción |
-
O comercio de Pontevedra agasalla uns lentes especiais para ver os agasallos de Nadal
Por Redacción |
-
Recadan máis de 150 quilos e 400 xoguetes na campaña solidaria da comunidade escolar do CEIP de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
'Xoguetes e agasallos reciclados para un mundo máis sostible' na campaña de Nadal de Boa Vida
Por Redacción |
-
Boa Vida celebra dez anos loitando "contra a pobreza e a exclusión social"
Por Redacción |