Boa Vida celebra dez anos loitando "contra a pobreza e a exclusión social"
Por Redacción
A Praza da Peregrina de Pontevedra acolleu este sábado unha serie de actividades coas que a Asociación Boa Vida celebrou o seu décimo aniversario.
"Levamos na cidade e na súa contorna desde 2012 incrementando notablemente o noso labor na loita contra a pobreza e a exclusión social", explicou a coordinadora da entidade, Pepa Vázquez, sinalando que a xornada "é unha das mellores maneiras de continuar achegándonos á veciñanza de Pontevedra, coñecer as súas inquietudes e necesidades".
Ademais de visibilizar o seu labor, Boa Vida convidou aos que se achegaban pola Praza da Peregrina a participar en actividades como os exemplos de accións recuperadoras da saúde psicolóxica, a escoita mutua onde persoas dispoñían de catro cadeiras, ou as 'miradas solidarias en silencio' para quen quería ser escoitados.
Tamén se puxo en marcha a iniciativa 'Saúdos de mans' como símbolo de fraternidade, e repartíronse moitos 'abrazos de balde'.
Paralelamente organizouse a actividade 'Debuxos para un mundo máis xusto' nas que adultos e nenos foron convidados a debuxar como imaxinan un mundo mellor.
De fondo durante toda a xornada soou a música de Carlos Yus, interprentando cancións para todos os públicos.
Relacionadas:
-
Unha exposición percorre os momentos cruciais da loita pola xustiza social na Casa das Campás
Por Redacción |
-
Entrega de xoguetes e lotes de roupa na inauguración da nova sede de Boa Vida
Por Redacción |
-
Recadan máis de 150 quilos e 400 xoguetes na campaña solidaria da comunidade escolar do CEIP de Ponte Sampaio
Por Redacción |
-
Solidariedade pontevedresa coas refuxiadas embarazadas ou con bebés lactantes en Atenas
Por Natalia Puga |