Avanzan a bo ritmo as obras de pavimentación do núcleo morañés de Ruibal
Por Redacción
O alcalde, José Cela, estivo este martes xunto cos operarios encargados do asfaltado que se está a levar a cabo no lugar de Ruibal, en Amil.
Actuouse en toda esta zona para mellorar a infraestrutura viaria, pero tamén para renovar toda a canalización das augas pluviais, reasfaltando e deixando a pavimentación en perfecto estado.
Cela remarcou a importancia que ten actuar nas parroquias, segundo dixo "facer inversións no rural é fundamental" xa que "todos os veciños e veciñas de Moraña teñen o mesmo dereito a ter uns espazos urbanos en boas condicións".
O orzamento total supera os 32.000 euros de inversión.