A segunda edición do mercado de Nadal de Vilaboa, a punto
Por Redacción
Todo está xa preparado en Riomaior, Vilaboa, para a apertura este xoves 22 de decembro da segunda edición do Mercado de Nadal.
Un total de nove propostas artesás expoñerán o seu traballo nas casetas de madeira instaladas polo Concello de Vilaboa baixo unha carpa que protexerá aos asistentes.
A partir das 18.00 horas da tarde o mercado abrirá ao público, e farao nunha nova localización á beira da estrada para obter unha maior visibilidade e dar facilidades aos veciños grazas a unha ampla zona de estacionamento.
Pintura, xoiería artesanal, esmaltes, complementos en coiro, manualidades, alimentación ecolóxica, pezas de segunda man, xabóns artesanais, repostería caseira e viño quente son algunhas das opcións coas que Vilaboa posiciónase dentro da oferta de mercados de Nadal.
O Mercado de Nadal contará con iluminación e fío musical, e permanecerá aberto ata o 8 de xaneiro en horario de 18.00 a 21.00 horas, excepto os sábados, domingos e festivos no que a xornada se ampliará de 12.00 a 22.00 horas.
Relacionadas:
-
Artesáns de Vilaboa plantan cara ao mal tempo e defenden un consumo sostible
Por Redacción |
-
Malestar en Vilaboa polo roubo de parte da decoración de Nadal do barrio de Cabadachán
Por Anxo Lourido |
-
A unión veciñal enche Paredes da maxia do Nadal e non falta nin o rosquilleiro
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |