Papa Noel instálase na Casa Mariñeira de Don Fernando
Por Redacción
A Casa Mariñeira de Don Fernando converterase en Portonorte, sede de Papa Noel nestas festas. Este sábado, o día de Noiteboa, a partir das seis da tarde e ata as sete e media, Papa Noel recibirá a quen desexe falar con el e trasladarlle as súas peticións persoalmente. Para iso, as instalacións municipais ambientaranse e encherán de fantasía simulando Laponia.
O decorado permanecerá aberto ao público durante todas as festas para que todos os que o desexen poidan visitalo, en horario de 11 a 22 horas.
A partir das 16:30 horas terá lugar a tradicional Ciclocabalgata Solidaria organizada polo Club Ciclista Corbelo en colaboración co Concello de Sanxenxo. A saída terá lugar desde a contorna da piscina municipal acompañando a Papa Noel e percorrendo a Avenida de Galicia, Circunvalación, rotonda de Arnelas, Rúa Progreso, Rúa Madrid, Paseo de Silgar, rotonda de Baltar, rotonda de Portonovo, Rúa Areal ata a Casa Mariñeira. Todos os participantes na ciclocabalgata serán obsequiados cunha degustación de chocolate para repoñer forzas. As inscricións poden realizarse en eventos.teamcorbelo.com ou o mesmo día da actividade. Os participantes deberán acudir á cita cun quilo de alimentos e ataviados con algún elemento de Papa Noel.
O 25, Día de Nadal, a igrexa de Noalla acollerá o tradicional Belén Vivente ás 12 horas organizados pola Comisión de Festas Virxe do Carme. Colabora na cita Airiños dá Lanzada, A Esmorga, S.D.Noalla e Comunidade de Montes. Unha hora máis tarde, ás 13 horas, a Asociación Xuvenil Os Raposos de Aios, organizará a súa Belén Viviente na Escola de Educación Infantil de Aios.
O mércores, 28, o Apalpador visitará o parque do Espiñeiro en Portonovo a partir das 17 horas para reunirse cos nenos. Unha actividade organizada pola Deputación de Pontevedra. O obxectivo deste programa é o de fomentar a dinamización da lingua galega, o respecto ao medio ambiente e os hábitos de alimentación saudable, entre outros valores.