Remata a instalación da nova pista polideportiva do parque da Praza de Europa
Por Redacción
A empresa adxudicataria Garocaprim SL vén de rematar a instalación das porterías, as canastras e o peche perimetral da nova pista polideportiva do parque da Praza de Europa, no barrio de Monte Porreiro.
O concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, asegurou "os traballos de pintado da pista serán realizados unha vez que pasen as choivas", de xeito a veciñanza poida estreala "tralas vacacións de Nadal".
O Concello destinou unha achega económica de 44.467 euros a estas obras, que inclúen o axardinamento da Praza de Europa, a mellora da iluminación e a instalación de bancos, papeleiras e puntos de recarga para teléfonos móbiles.
A concellería que dirixe Puentes tamén puxo en marcha as obras de mellora paisaxística e axardinamento do contorno do parque infantil.
Puentes avanzou que o parque infantil da Praza de Europa, que o seu departamento mellorou coa instalación dunha tirolina de máis de 20 metros de lonxitude e que adaptou á normativa autonómica e europea en materia de seguridade, "será ampliado con máis xogos e tamén se acometerá a substitución do seu chan de herba sintética".
Relacionadas:
-
A reforma do parque da Praza de Europa avanza con nova iluminación e a plantación de árbores
Por Redacción |
-
Chamada ás familias para buscar un elfo perdido no paseo dos Gafos
Por Redacción |
-
A oliveira da Praza de España terá unha segunda vida en Monte Porreiro
Por Alejandro Espiño |
-
A estrea do parque canino de Monte Porreiro, á espera de que brote o céspede
Por Redacción |
-
Comezan as obras de construción da nova pista polideportiva do parque da Praza de Europa
Por Redacción |
-
Os parques infantís da Praza de Europa e do Mirador locen "como novos" para este verán
Por Redacción |