Retiran a plancha dun edificio ante o seu posible desprendemento
Por Redacción
Os Bombeiros de Pontevedra e a Policía Local acudiron este venres pouco antes das 13:00 horas ata un edificio localizado entre a Avenida de Vigo e a Praza de Ponte Boleira ante o risco de deprendimiento dunha plancha dun tellado.
A comunidade foi a que chamou aos servizos para alertar do risco ao considerar que podería caer sobre os viandantes.
Os bombeiros cun guindastre e a policía chegaron á zona e procederon á retirada da plancha para evitar posibles danos.