Alerta en Riestra polo desprendemento dun cascote
Este luns 17 de abril ás 10:30 horas da mañá produciuse un desprendemento no edificio de Gutiérrez Mellado 12 e o cascote caeu na beirarúa de Marqués de Riestra.
A esta localización acudiron os bombeiros e revisaron a fachada do edificio
O entullo caeu preto dunha muller que estaba a camiñar pola rúa Marqués de Riestra, pero non resultou ferida.
Os empregados de Folder, a papelería situada na planta baixa do edificio no que ocorreu o suceso, ao escoitar o ruído da caída do cascote procederon a dar aviso á policía local.
Posteriormente acudiron os bombeiros, que estiveron a comprobar o estado do inmoble. A zona onde caeu o cascallo atópase precintada.
A comunidade de veciños terá que levar a cabo unha serie de revisións para coñecer o estado no que se atopa a fachada.
Este é o segundo desprendemento xunto co da rúa Frei Xoán Navarrete que se produce en Pontevedra nun período de tempo de cinco días.
Relacionadas:
-
Os bombeiros auxilian un condutor cuxo vehículo quedou en posición inestable ao saír da vía
Por Redacción |
-
Susto pola caída do cascote dunha cornixa en Frei Xoán de Navarrete
Por Redacción |
-
A reparación do treito afundido da estrada O Vao-Campañó "será unha obra de envergadura"
Por Redacción |
-
Actúan de emerxencia sobre a carretera que esborrallou en Campañó para evitar danos maiores
Por Redacción |
-
Retiran a plancha dun edificio ante o seu posible desprendemento
Por Redacción |