O Concello lembra á Xunta que a reforma do Froebel téñena paralizada desde o 2011
Por Manu Otero
A acusación por parte da Xunta de Galicia ao Concello sinalándoo como responsable do mal estado do colexio Froebel levantou bochas no goberno local.
Nun comunicado, o executivo autonómico aseguraba que a falta de mantemento (limpeza de canlóns e baixantes) da cuberta por parte do goberno municipal está a ocasionar a entrada de auga no colexio, o que fai preciso unha rehabilitación maior da inicialmente prevista".
A resposta por parte do concelleiro de Educación, Tino Fernández, non tardou en chegar. Este mércores, o edil remarcou que "os problemas que ten o Froebel son pola inacción, incapacidade, inutilidade e inoperancia da Xunta de Galicia".
Continuou o socialista lembrando que as obras de rehabilitación neste centro educativo "están pendentes desde o 2011". Por iso, considera que "botarlle as culpas no 2023 ao Concello dunha obra que leva sen facerse desde o 2011 é ter a cara moi dura".
Neste sentido, puntualizou Fernández que "o Concello sobrepasa en todos os colexios as súas competencias, que son mantemento e conservación" polo que insta á Xunta a "facer o seu traballo en vez de meterse con outras administracions" porque "se o tiveran feito, non estariamos a falar do que estamos a falar", resolveu.
Tirando de ironía, Tino Fernández comparou o atraso na execución desta reforma con "o Escorial ou Montecelo" e insistiu en que "me parece de bastante mal gusto, de mala educación e moi pouca cortesía, intentar esquivar as súas responsabilidades culpando a outras administracions que cumplimos máis que escrupulosamente coas nosas competencias e que sempre nos motramos dispostos a colaborar coa Xunta e con quen sexa para mellorar a educación pública".
Relacionadas:
-
O PSOE denuncia que a Xunta non contempla o cambio da cuberta do colexio Froebel nos orzamentos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Compromiso para acometer este verán traballos de limpeza e tratamento nas cubertas e canlóns do Froebel
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
É unha piscina? Non, é unha nova inundación no patio interior do colexio Froebel tras as fortes chuvias
Por Anxo Lourido |
-
A Xunta revisará o proxecto da reforma do colexio Froebel para acometer unha rehabilitación maior da prevista
Por Oskar Viéitez |