A primeira fase da 'Batea en terra' roldará os 1,5 millóns de euros e terá un prazo de execución de 9 meses
Por Oskar Viéitez
O Consello de Administración de Nauta Sanxenxo aprobou este mércores por unanimidade o proxecto da primeira fase de 'Batea en Terra' e deu luz verde á incoación da contratación da obra que está previsto que salga a licitación en xaneiro.
O orzamento co que sairá esta primeira fase a concurso roldará os 1,5 millóns de euros e un prazo de execución de 9 meses.
A actuación, que se proxecta nunha superficie de 5.259 metros cadrados, inclúe un noiro axardinado que embelecerá o espazo e mellorará a accesibilidade entre a Praza do Mar e a Praza dos Barcos. Se plantarán 33 árbores (piñeiros e tamarices), 4.369 arbustos de 8 variedades diferentes e un total de 10.289 plantas. As especies serán autóctonas, de diferente porte e con distintos estados de floración que permitan ter unha variación cromática ao longo do ano. Ademais, terán unha alta resistencia aos ventos e a salinidade e baixo consumo de auga.
A actuación, que se financiará a través de Nauta Sanxenxo, proxéctase nunha superficie de 5.259 metros cadrados e o seu orzamento ascende a 1,5 millóns de euros.
O xardín contará con pasarelas de madeira para facilitar o acceso ás distintas zonas. A pavimentación utilizada para o tramo peonil do xardín será realizada con laxas de granito louro de ancho fixo e longo variable con acabado aserrado, tentando buscar unha relación co próximo Paseo dos Barcos.
En canto ao acceso ao porto pesqueiro, mantense o tránsito rodado, pero con carácter restrinxido para permitir o seu funcionamento.
O aparcamento mantén as súas prazas de aparcamento e non se intervén en ningún local comercial, axustando para iso a pendente do xardín.
A intervención desta fase contempla tamén a rehabilitación e mellora do pavimento na Praza dos Barcos e a súa integración dentro do proxecto, a redistribución do mobiliario urbano existente e a simplificación e unificación de todos os elementos de sinalética.
O proxecto “Batea en terra” de Paredes Pedrosa Arquitectos foi o gañador do concurso de ideas convocado polo Concello en 2019 para remodelar a Praza do Mar. A estrutura e materiais do “umbráculo” aseméllanse a unha batea en terra.
Relacionadas:
-
O Atlante durmirá unha tempada na Praza dos Barcos por culpa das obras
Por Redacción |
-
A reconversión do ámbito portuario nunha 'batea en terra' comezará tras a Semana Santa
Por Redacción |
-
A ampliación da concesión do porto ata 2047 desbloquea a 'Batea en terra'
Por Redacción |
-
A empresa municipal Nauta Sanxenxo logra unha ampliación da concesión portuaria ata 2047
Por Redacción |
-
Luz verde ao expediente de contratación da primeira fase de "Batea en terra"
Por Redacción |
-
Nauta quere saber canto lle custará a conexión axardinada entre as prazas dos Barcos e do Mar
Por Redacción |
-
A "batea en terra" da Praza do Mar executarase en tres fases e custará 8 millóns
Por Redacción |