Detido en Pontevedra un fuxitivo buscado por asaltar e reter a unha veciña
Por Oskar Viéitez
A Policía Nacional detivo en Pontevedra a un fuxitivo cunha orde de procura, detención e ingreso en prisión. O home de 42 anos de idade, tiña unha orde de procura en relación a un delito grave de detención ilegal no ano 2021.
Segundo informaron fontes oficiais da Comisaría de Pontevedra, os feitos producíronse en febreiro do ano 2021 cando o agora detido asaltou a unha nova veciña do inmoble no que residía e meteuna á forza no interior do seu domicilio
O arresto produciuse este pasado venres en Pontevedra grazas ás informacións obtidas por axentes da Comisaría provincial nas que se constataba que había un individuo cunha orde de ingreso en prisión.
Os axentes da UDEV da Policia Nacional, tras levar a cabo una serie comprobacións e vixilancias, localizaron a este individuo e detivérono. Unha vez trasladado a dependencias policiais para a tramitación das correspondentes Dilixencias Policiais pola Brigada Provincial de Policía Xudicial, Grupo de Delitos contra as Persoas e remitíronas á Audiencia Provincial de Pontevedra, dispoñendo o Xulgado o seu ingreso en prisión.