Axentes da Policía Nacional e Local desartellan dous puntos negros de venda de droga en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
A Policía Nacional e a Policía Local de Pontevedra en dúas intervencións conxuntas: "Yellow" e "Rama" desactivaron dous puntos de venda e distribución de substancias estupefacientes: marihuana, cocaína e haxix e detiveron ao responsable como presunto autor dun delito contra a saúde pública.
O detido é un veciño de Pontevedra, de 34 anos de idade, con antecedentes policiais.
As investigacións iniciáronse tras recibirse informacións no grupo uno de Udyco da Policía Nacional sobre a localización de distintos puntos de venda polo miúdo nas localidades de Pontevedra polo que se acorda coa Policía Local de Pontevedra, grupo SAI, a realización dunha operación conxunta entre ambos os Corpos Policiais.
A partir a aí inícianse durante estes meses unha serie de vixilancias coordinadas entre ambas as institucións onde se logra determinar tanto a identidade das persoas que serían a responsables das vendas de diferentes substancias a outras persoas como as localizacións exactas dos puntos negros de venda de substancias, realizándose diversas incautacións de substancias estupefacientes de diferentes índole: cocaína, haxix e marihuana.
En relación cos puntos de venda, púidose determinar que existían dous domicilios en Pontevedra, ademais dun local comercial que podería ser utilizado polo investigado para diversificar tanto as vendas de substancias como os lugares de distribución.
Tras a obtención de probas sólidas contra a persoa responsable das vendas, solicitouse ao Xulgado de Instrución de Garda de Pontevedra as pertinentes entradas e rexistros nos respectivos emprazamentos investigados.
Unha vez autorizados os rexistros, coordinouse un dispositivo conxunto entre o grupo 1 de UDYCO e o grupo de prevención da delincuencia (os coñecidos como Linces) da Policía Nacional e o grupo SAI da Policía Local de Pontevedra, onde se produciu a detención do investigado, realizando posteriormente os tres rexistros autorizados pola Autoridade Xudicial dando como resultado final as seguintes aprehensións: 150 dose de cocaína, 180 dose de haxix e marihuana.
Con estas dúas operacións, a Policía Nacional e a Policía Local lograron desartrllar dous puntos de venda e distribución en Pontevedra que estaban a ocasionar malestar na cidadanía.