Os espumosos de Rías Baixas fanse oco no mercado
Por Redacción
Os Rías Baixas Espumoso de Calidade non deixan de crecer desde que se empezaron a elaborar en 2012 na Denominación de Orixe.
Nadal é unha das datas craves para esta elaboración que durante esta ano suma 146.038 botellas, unha cifra nunca vista ata o momento, pola que apostaron 19 adegas con 26 marcas, cuxos produtos van desde o Brut Nature (sen azucre engadido) ata o Doce.
Este tipo de elaboracións está totalmente consolidada e mostra diso é que segue crecendo: "desde o principio estes Espumosos de Calidade asentáronse moi ben dentro da gama de elaboracións existentes e permitidas polo Prego de Condicións, é certo que houbo oscilacións algúns anos pero a tendencia sempre foi á alza tanto en litros cualificados como en adegas", explica Agustín Lago, director técnico.
Con 109.529 litros cualificados, esta denominación suma un novo récord neste ano 2022. Facendo un pouco de balance, foi no ano 2009 cando o regulamento do Consello Regulador acolleu este produto, #de acordo con a normativa europea, que distingue entre Espumoso e Espumoso de Calidade.
Como engade o director técnico "aínda que é unha elaboración que cada vez máis se consome todo o ano, tamén é certo que finais de novembro e decembro son os meses nos que se intensifica a súa cualificación".
MÉTODO CHAMPENOISE
A normativa aplicada aos Rías Baixas Espumoso de Calidade admite variedades tanto brancas como tintas e distínguense distintos tipos segundo o nivel de azucre. Estes son Brut Nature (sen azucre engadido), Extra Brut, Extra Seco, Seco, Semiseco e Doce (que leva maior cantidade de azucre).
Todos as Rías Baixas Espumoso de Calidade seguen o método tradicional do champenoise para a súa elaboración.