Volve a Ponte Caldelas o Festival Kilo Solidario de Os Coribantes
Por Redacción
O Festival Kilo Solidario volve a Ponte Caldelas despois de dous anos sen celebrarse pola pandemia para recoller alimentos non perecedeiros que se entregarán aos Servizos Sociais municipais.
A cita, organizada pola banda de gaitas e baile Os Coribantes, terá como destinatarios finais as familias do municipio que teñen dificultades económicas.
O festival está previsto para o sábado 7 de xaneiro ás 19.00 horas nunha carpa instalada na praza de España de Ponte Caldelas
Contará coas actuacións dos Coribantes, Ponte Caldelas Baila, Tacones y lunares, Baile Irlandés en Galicia e outras sorpresas.
O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, presentou este martes o evento co presidente de Coribantes, Lito Rodríguez Lale; e o director da banda, Andrés Lorenzo.
Este ano, ademais, tendo en conta a complicada situación de saúde que está a vivir o deportista de Ponte Caldelas asentado en México Gustavo Dacal acordouse instalar unha urna para recoller donativos económicos para axudar a facer fronte aos gastos médicos.
Familiares e amigos de Dacal estarán en Ponte Caldelas para informar sobre as últimas novidades.
Relacionadas:
-
O mal tempo obriga a adiar o Festival Kilo Solidario de Os Coribantes
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas acolle este sábado o XI Festival Benéfico dos Coribantes
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas recada centos de quilos de alimentos e produtos de hixiene no Decembro solidario
Por Redacción |
-
Éxito do concerto do quilo solidario de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
O concerto do Quilo Solidario volve o próximo día 1 a Ponte Caldelas
Por Redacción |