O aparcadoiro Nauta Sanxenxo pechou o ano coa maior recadación da súa historia: 607.469 euros
Por Redacción
O ano 2022 foi o de maior facturación no aparcamento de Nauta Sanxenxo.
Segçun os datos trasladados polo Concello de Sanxenxo a instalación situada no porto recadou durante os últimos 12 meses 607.469 euros. Todo iso tendo en conta que as dúas primeiras horas de estacionamento son de balde actualmente, como tamén o é para os máis de 3.000 veciños empadroados no municipio abonados ao sistema de bonificación.
O aparcadoiro, que conta cunha capacidade de 584 prazas entre a planta pública interior (206), a exterior (200) e o aparcadoiro privado (178), concentrou a súa maior facturación durante os meses de verán, concretamente en agosto (182.647 euros), xullo (133.322 euros) e setembro (54.501euros).
Durante o pasado mes de decembro facturaron 22.083 euros mantendo un total de tránsitos de 9.110 vehículos e cunha estancia media de 48 minutos.
Ademais da instalación de Nauta, o aparcamento en Sanxenxo complementouse con ata sete espazos disuasorios: dous en Rúa Progreso, un con capacidade para 72 vehículos na confluencia con Cesteiros, e outro para 240 coches; detrás da igrexa do Templo Novo con 153 prazas, outro en Constitución con 20 prazas, o que se atopa nunha parcela do Tombo na que poden estacionar ata 240 vehículos, o da Rúa Vigo con 120 prazas e o da parcela do vello mercado con 30.
Relacionadas:
-
O aparcadoiro de Nauta arrinca o ano coa mellor facturación de xaneiro desde a súa apertura
Por Redacción |
-
A empresa municipal Nauta Sanxenxo logra unha ampliación da concesión portuaria ata 2047
Por Redacción |
-
O aparcamento de Nauta pechou en agosto a mellor facturación da súa historia
Por Redacción |