O aparcadoiro de Nauta arrinca o ano coa mellor facturación de xaneiro desde a súa apertura
Por Redacción
O aparcadoiro de Nauta comeza o ano coa mellora facturación nun mes de xaneiro desde a súa apertura con 15.631 euros. Unha cifra que supera a de 2019 (8.610 euros), 2020 (14.292 euros) e 2022 (14.332 euros). En total pasaron polas instalacións 7.209 vehículos cunha media de tránsitos diarios de 233 coches e unha estancia media de 40 minutos.
Os días de maior facturación e, por tanto, maior actividade coincidiron nos días 5 no que se recadou 1.330 euros, o 28 con 1.424 euros e o 29 de xaneiro con 1.067 euros. As instalacións dispoñen dun total de 584 prazas repartidas en 206 na planta pública interior, 200 na exterior e outras 178 prazas no aparcadoiro privado.
Estas boas cifras económicas se con seguen mesmo coas dúas horas de estancia gratuítas que o aparcadoiro Nauta mantén actualmente e desde o ano 2020 para os empadroados no municipio, co obxectivo de facilitar as súas xestións e compras no centro da localidade. A este sistema atópanse xa abonados máis de 3.000 veciños.
O aparcadoiro de Nauta conseguiu estes resultados, a pesar de que no municipio atópanse habilitadas sete parcelas para aparcamentos disuasorios: dous en Rúa Progreso, un con capacidade para 72 vehículos na confluencia con Cesteiros, e outro, á altura da nova rotonda, para 240 coches; a bolsa de aparcamento de detrás da igrexa do Templo Novo con 153 prazas; outro en Constitución con 20 prazas; o que se atopa nunha parcela de O Tombo na que poden estacionar ata 240 vehículos; o da Rúa Vigo con 120 prazas e o da parcela do vello mercado con espazo para aparcar 30 coches.