O Concello de Caldas de Reis colaborará coa recentemente constituída plataforma "SOS Sanidade Pública de Caldas"
Por Redacción
O alcalde de Caldas de Reis, Juan Manuel Rey, mantivo un encontro co portavoz de 'SOS Sanidade Pública', Manuel Martín, e co presidente desta Plataforma no municipio de Caldas, José Manuel Suárez, unha nova organización que foi constituída este martes e que estará aberta a todas as persoas veciñas da localidade.
O rexedor local cumpre co compromiso adquirido no Pleno Extraordinario do 5 de novembro, dando resposta á demanda da veciñanza que permitirá canalizar as reclamacións en defensa da sanidade pública, coa financiación adecuada para a Atención Primaria y coa dotación suficiente de persoal sanitario.
Ademais, valorou moi positivamente a creación desta Plataforma cívica "xa que o seu obxectivo principal é sumar os esforzos de todos e todas sen importar cores políticas ou ideoloxías".
Nesta liña, Juan Manuel Rey puxo de manifesto a intención de traballar conxuntamente "colaborando co labor desta asociación e tecendo canles de diálogo institucionais, pois esperamos facela extensible a toda a comarca, e abrazar así aos veciños e veciñas dos concellos próximos que queiran reivindicar o seu dereito a un PAC digno e a unha atención médica de calidade grazas a un espazo de diálogo e consenso", avanzou.
Relacionadas:
-
Autobuses gratis para todos os pontevedreses que queiran acudir á manifestación de SOS Sanidade Pública
-
O BNG de Moraña convoca unha manifestación polo colapso sanitario que afecta o centro de saúde
Por Redacción |
-
O Concello promove a constitución dunha Mesa para a Defensa da Sanidade Pública en Caldas
Por Redacción |