'A memoria das mulleres' promociona catro podcast para disfrutar paseando pola cidade
Por Redacción
A web 'Do gris ao violeta' alberga entre os seus contidos catro roteiros urbanos, centrados na historia e na memoria das mulleres de Pontevedra.
Estes paseos veñen de ser actualizados, con novos mapas e versión de texto e audio, facilitando así o acceso a todo tipo de públicos. Ademais, estes audios tamén se atopan dispoñibles en versión podcast a través das plataformas iVoox e Soundcloud.
O departamento de Memoria Histórica que dirixe o concelleiro Xaquín Moreda propón "outro xeito de coñecer a cidade ao tempo que se camiña por ela".
Se ben os roteiros contan con información escrita, e tamén existe un mapa físico que axuda a saber onde están os principais puntos de interese en relación co programa da Memoria das Mulleres, tamén é posible facer uso destes audios para vivir outra experiencia máis cómoda ou particular, ao tempo que aumenta a accesibilidade.
O primeiro é un Roteiro sobre as mulleres represaliadas de Pontevedra (deseñado por Montse Fajardo), tamén está o Roteiro Mulleres en San Amaro. Percorrido feminino polo cemiterio municipal (deseñado por Etnoga).
A terceira proposta é o Roteiro Pontevedra en feminino (deseñado por María Xesús López Escudeiro) e, por último, o Roteiro da Moureira. O río, o mar e as mulleres (deseñado por Etnoga).
Desde a concellería de Memoria histórica lembran que este formato audio tamén pode ser útil para ser engadido ou utilizado nos centros educativos da cidade, como ferramenta de divulgación entre a rapazada para unha dinamización das clases, entrando dentro das progamacións didácticas.
Nado no ano 2013, da man do Concello de Pontevedra, o proxecto 'A memoria das mulleres' ten como finalidade construír, de modo colectivo e cooperativo, un fondo documental, gráfico e audiovisual da historia das mulleres en Pontevedra.
Relacionadas:
-
O CIM de Marín atendeu desde 2013 máis de 8.000 consultas de 954 mulleres
Por Redacción |
-
Un mapa permitirá coñecer a pegada da Memoria das Mulleres nas rúas da cidade
Por Anxo Lourido |
-
Convidan á cidadanía a "sacar do caixón" arquivos, cartas ou fotografías de familiares vítimas do franquismo
Por Almu Dapena |
-
"A cidade é a pegada", a exposición que ofrece un "poema visual" sobre a Pontevedra pasada, presente e futura
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Finaliza a campaña en TikTok sobre a biografía de mulleres pontevedresas
Por Anxo Lourido |