Prisión para un atracador que levou 1.100 euros dunha gasolineira de Vilagarcía en decembro
Por Redacción
Un veciño de Vilanova de Arousa ingresou en prisión como presunto responsable dun atraco cometido o 20 de decembro nun gasolineira GALP de Rubiáns, en Vilagarcía.
Tras un mes de investigación, a Policía Nacional detívolle o pasado xoves 19 de xaneiro como suposto autor dun delito un roubo con violencia e intimidación.
Os feitos ocorreron sobre as 18.05 horas do 20 de decembro. E,l atracador accedeu á gasolineira e demandou o diñeiro a un dos traballadores que se atopaba nese momento na caixa, utilizando un arma detonadora manipulada para ameazalo.
Tras coller o diñeiro da caixa, esixiu máis e tamén se apropiou das moedas que había noutra caixa, para o cambio. Finalmente, levou un total de 1.100 euros.
O home fuxiu a pé nun primeiro momento, cruzando a beiravía cara ao outro lado e despois subiuse a un vehículo estacionado na zona.
Froito das primeiras xestións da investigación, púidose determinar a autoría deste feito e o 19 de xaneiro procedeuse á súa detención e á realización dun rexistro no seu domicilio.
Segundo a información facilitada pola Policía Nacional, os axentes atoparon unha arma de fogo detonadora que fora modificada e habilitada para disparar, unha pistola de metal con cargador de bólas de plástico, un fusil de asalto e un maletín con carga de bólas de rifle.
Na casa do detido tamén estaban a roupa que o presunto autor levaba posta o día do atraco á gasolineira.
O detido foi posto a disposición xudicial e o xuíz de garda de Vilagarcía decretou o seu ingreso no centro penal da Lama.