Rebordelo presenta o programa da festa de San Brais
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, o tenente de alcalde Fernando Vázquez e os membros da Comisión de Festas de San Brais de Reboredelo Isabel Fentanes e Daniel Fariña fixeron público o programa festivo que se desenvolverá o sábado 4 de febreiro.
Pola mañá haberá salvas de bombas e pasarrúas a cargo da Asociación Cultural Os Afoutes do Canón de Pau. Ás 13 horas haberá misa solemne na Capela de San Blas, seguida de procesión.
A sesión vermú correrá a cargo do grupo de gaitas dos Afoutes do Canón de Pau e haberá un servizo de polbería a cargo de Polbeiría Fuchela para que os asistentes poidan degustar este manxar no entorno da festa ou mesmo levalo para as súas casas.
Pola noite, a partir das 20 horas, terá lugar unha degustación gratuíta de fabada para todos os asistentes. Unha hora máis tarde, comezará a verbena que estará a cargo dos grupos 3.COM e TIC TAC.
Todos estes actos desenvolveranse baixo unha gran carpa e haberá calefacción para facer máis agradable a festa e a estancia do público.