O futuro complexo deportivo da Parda terá un pavillón multideporte, outro de ximnasia e un rocódromo de competición
Por Alejandro Espiño
En Pontevedra haberá "un antes e un despois" do futuro complexo deportivo da Parda. Así de contundentes se mostraron Miguel Anxo Fernández Lores e Tino Fernández, que este xoves deron o "pistoletazo de saída" a un equipamento que custará uns 14,5 millóns.
"Vai a ser o investimento deportivo e urbanístico máis importante dos próximos anos", destacou o alcalde, que permitirá incorporar ao espazo público unhas catro hectáreas, entre os xulgados da Parda e as vías do tren, "que non se utilizan e están degradadas".
O complexo terá un pavillón multideportivo cuns 1.500 metros cadrados de pista. Esta poderá dividirse en dúas ou tres partes para adestramentos e competicións. Haberá capacidade para unhas 2.000 persoas, aínda que contará bancadas telescópicas paira aumentar este aforamento.
A el sumarase un pavillón máis pequeno, destinado exclusivamente á práctica da ximnasia, tanto deportiva como rítmica. Estará anexo ao recinto principal e ocupará uns 1.400 metros cadrados. Terá una altura de doce metros e asentos para 200 persoas.
O terceiro espazo deportivo busca dar resposta ás necesidades dunha especialidade de gran proxección na cidade, a escalada. Será un rocódromo, preparado para competicións de alto nivel, de ata 15 metros de altura e uns 800 metros cadrados de superficie.
Todo este complexo contará ademais cuns 7.000 metros cadrados de zonas verdes, un parque infantil con tirolinas, aproveitando os desniveis do terreo máis próximo aos xulgados e amplas bolsas de aparcadoiro en ambos os extremos.
Este espazo deportivo terá dúas entradas, unha pola rúa Tomás y Valiente -na que se incorporarán aínda varias parcelas máis, uns 2.000 metros cadrados en total-, e outra pola rúa Entrevías, o que contribuirá a permeabilizar a zona este da cidade.
O Concello, una vez estea redactado o anteproxecto desta ambiciosa actuación, convocará un concurso público para contratar una empresa que asuma a redacción do proxecto, a obra de construción e a posterior xestión destas instalacións. Haberá una concesión a vinte anos.
O goberno municipal confía en seguir o mesmo modelo que coas piscinas de Campolongo, por iso é polo que dentro das opcións paira facer atractivo" o proxecto para os licitadores, permitirá habilitar una zona de fitness e musculación ou outras instalacións deportivas. O que se descartan son novas piscinas.
Para financiar este complexo deportivo, ademais da "importante" achega económica que terá que facer o Concello, Fernández Lores confía en que a Xunta asuma parte do seu custo, xa que se cederá parte do pavillón de ximnasia ao CGTD para tecnificación dos seus deportistas.
Esta actuación, segundo o alcalde e o concelleiro de Deportes, "non ten volta atrás" e permitirá que Pontevedra conte cunha instalación deportiva "exemplar e modélica" que lle permita dar un "salto de calidade" e optar a competicións de alto nivel "que agora se nos escapan".
Relacionadas:
-
O alcalde presenta a representantes veciñais e comerciais da Parda o proxecto do futuro parque do barrio
Por Oskar Viéitez |
-
Lores quere que o Parque da Parda sexa un dos primeiros proxectos a executar no vindeiro mandato
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Tono Campos pasa a formar parte da lista máis numerosa de deportistas de alto nivel da historia de Galicia
Por Redacción |
-
O pavillón co que Pontevedra quere ser a referencia galega do tenis de mesa
Por Alejandro Espiño |
-
Un grupo de veciños reclama ao Concello a conservación do humidal da Parda
Por Oskar Viéitez |
-
O novo parque natural da Parda superará os 35.000 metros cadrados e custará máis de 4 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
O PP propón elaborar un plan director sobre o uso das instalacións deportivas municipais
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Acordo para expropiar unha parcela para os accesos ao futuro pavillón da Parda
Por Anxo Lourido & Mónica Patxot |
-
O complexo da Parda promete ser, segundo o Concello, unha "revolución" deportiva e arquitectónica
Por Alejandro Espiño |