O Tapalacón despachou máis de 3.500 petiscos en tres días
Por Redacción
O Tapalacón deixou en Cuntis esta fin de semana un bo sabor de boca con máis de 3.500 tapas despachadas nos dez locais da hostalaría local que participaron na iniciativa e que xa se preparan para un novo aluvión de traballo coincidindo co entroido e coa Festa do Lacón o vindeiro día 26 de febreiro.
"Estamos moi satisfeitos da acollida desta nova edición do Tapalacón" dixo o alcalde de Cuntis, Manuel Campos. "Xa percibiamos que a xente tiña moita ganas desta convocatoria que contribuiu de xeito decisivo á dinamización da hostalaría local nun mes que é frouxo para eles pero o certo é que nos sorprendeu a acollida".
O bo tempo animou aos incondicionais do lacón con grelos a achegarse aos locais cuntienses para descubrir as novas creacións preparadas polos hostaleiros partindo deste plato típico ou para buscar aqueles outros máis fieis á receta tradicional. O prezo, a un euro a ración e servida con cada consumición é outro dos elementos claves do éxito desta nova edición.
A Tenda da Ponte, A Bolera, O Moncho, Don Manuel, O Traspaso, A Casa da Burga, O Parladoiro, O Paseo O Chelsea e A Fontiña sortearon este os clientes participantes do Tapalacón tres viaxes de fin de semana a diferentes puntos da xeografía española e dous pases para o balneario.
A clase maxistral de cociña a cargo de Iván Méndez na Casa do Médico tamén reuniu numeroso público interesado en coñecer as súas exquisitas elaboracións a base de lacón con grelos. O taller de cociña esgotou as prazas e as persoas tomaron nota das novas creacións con estilo innovador pero co inconfundible sabor do lacón con grelos.
Manuel Campos Velay confía en que os dous fins de semana que quedan de febreiro a actividade na hostalaría cuntiense teña "un nivel similar de participación co entroido e o potente programa que deseñamos para a Festa do Lacón, a finais de mes".
Relacionadas:
-
A Festa do Lacón con Grelos en Cuntis celebrará o 25 aniversario nos tres primeiros días de marzo
Por Redacción |
-
Máis de 3.000 persoas ateigan a Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Redacción |
-
Los Secretos arrancan a Festa do Lacón con Grelos en Cuntis cun concerto con fins solidarios
Por Redacción |
-
Divertida Gala do Chapante en Cuntis na fin de semana da Festa do Lacón con grelos
Por Redacción |
-
Día de troula en Cuntis cun desfile que metou á vila de cheo no Entroido
Por Redacción |
-
Cuntis quenta os fogóns cunha nova edición do Tapalacón
Por Redacción |