Máis de 3.000 persoas ateigan a Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Redacción
Éxito absoluto de asistencia de público na vixésimo cuarta edición da Festa do Lacón con Grelos de Cuntis, que se celebraba este domingo 26 de febreiro coa presenza de máis de 3.000 comensais na carpa instalada polo Concello.
A esta cifra hai que sumar aquelas persoas que celebraron esta festa en distintos restaurantes do municipio.
José Miñones, delegado do Goberno en Galicia, acudía ao evento do mesmo xeito que Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, acompañada por outros cargos da institución provincial e representantes socialistas como David Regades, secretario xeral do PSdeG-PSOE de Pontevedra provincia. Tamén asistiu ao evento Luisa Piñeiro, secretaria xeral provincial do PP.
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, amosábase satisfeito pola ampla presenza de visitantes, tal e como xa se comprobou no concerto do sábado a cargo de Los Secretos.
Ás 12.30 horas, a humorista Eva Iglesias, coñecida polas súas intervencións en programas como Land Rober da Televisión de Galicia, encargouse de dar a benvida ás persoas asistentes. Durante toda a xornada non faltou a animación e a música a cargo da Agrupación Municipal de Música e Baile Tradicional de Cuntis, a Banda de Música de Lubián, charanga Támega e All Stars.
Os asistentes tamén puideron asistir a exposicións de camelia, mel, traxe tradicional de Entroido e cerámica de Castrolandín, ademais de showcooking e cata comentada con diferentes meles.
Pero o momento esperado por todos atopábase na degustación do saboroso prato de lacón con grelos, que volveu xerar entusiasmo entre os comensais, que destacaron a organización desta cita culinaria, que leva o distintivo de estar catalogada como Festa de Interese Turístico de Galicia.
Relacionadas:
-
Regresa TapaLacón, tapas a un euro do 23 ao 25 de febreiro en dez locais de Cuntis
Por Redacción |
-
A Festa do Lacón con Grelos en Cuntis celebrará o 25 aniversario nos tres primeiros días de marzo
Por Redacción |
-
Manuel Campos presenta a súa candidatura en Cuntis coa vista posta en infraestruturas futuras
Por Redacción |
-
Acordan convocar dúas prazas de Policía Local en Cuntis neste 2023
Por Redacción |
-
Poio celebra unha festa choqueira para despedir o Galo Fodorico
Por Cristina Saiz |
-
Los Secretos arrancan a Festa do Lacón con Grelos en Cuntis cun concerto con fins solidarios
Por Redacción |
-
Divertida Gala do Chapante en Cuntis na fin de semana da Festa do Lacón con grelos
Por Redacción |
-
O Tapalacón despachou máis de 3.500 petiscos en tres días
Por Redacción |
-
Cuntis súmase ao Día Mundial Contra o Cancro e anima a acudir ao concerto solidario de Los Secretos
Por Redacción |