Cuntis súmase ao Día Mundial Contra o Cancro e anima a acudir ao concerto solidario de Los Secretos
Por Redacción
O Concello de Cuntis tamén se suma ao Día Mundial Contra o Cancro, que se celebra o 4 de febreiro.
Con motivo deste día, Cuntis colaborará cunha recadación solidaria para o concerto de Los Secretos, que actuará na vila o sábado 25 de febreiro no escenario que se situará na rúa Pedro Campos, xunto ao pavillón municipal. As entradas terán un custo de 10 euros dos cales 1 euro irá destinado a AECC.
O alcalde Manuel Campos comentou a importancia de este tipo de colaboracións para estas asociacións posto que "ofrecen un servizo que doutro xeito non podería existir". Tamén recalcou que agarda "que se vendan tódalas entradas para que a cantidade que reciba esta e as outras dúas asociacións sexa a maior posible".
O Concello de Cuntis é un dos que habitualmente colabora coa AECC, que este ano márcase como obxectivo alcanzar o 70% de supervivencia no ano 2030. As previsións son que 1 de cada 2 homes e 1 de cada 3 mulleres terán cancro ao longo da súa vida, polo tanto, calcúlase que no ano 2030 21,6 millóns de persoas serán diagnosticadas de cancro, das cales máis de 330.000 o serán en España. No caso de Galicia haberá 21.214 diagnósticos e na provincia de Pontevedra diagnosticarase a 7.157 persoas.
Por este motivo, a Asociación Española Contra o Cancro, co motivo do Día Mundial Contra o Cáncer, lanza a iniciativa 'Todos contra o cáncer' para crear un movemento social e conseguir que 7 de cada 10 persoas sobrevivan ao cancro no ano 2030.
O concerto da banda liderada por Álvaro Urquijo é o prato forte da Festa do Lacón con Grelos, e as entidades beneficiadas da venda das entradas serán a Asociación española contra o Cancro (AECC); Agadea, asociación que traballa con persoas con alzheimer; e Anedia, colectivo relacionado con pacientes con diabetes.
Relacionadas:
-
Máis de 3.000 persoas ateigan a Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Redacción |
-
Los Secretos arrancan a Festa do Lacón con Grelos en Cuntis cun concerto con fins solidarios
Por Redacción |
-
Divertida Gala do Chapante en Cuntis na fin de semana da Festa do Lacón con grelos
Por Redacción |
-
Francisco J. Rodríguez, paciente oncolóxico: "Son o nome e o apelido dunha cifra á que ninguén quere ver"
Por Álvaro Arosa Barco & Mónica Patxot |
-
Los Secretos, sedución musical solidaria na Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Redacción |
-
O programa da AECC de atención a enfermos avanzados chega a Cuntis
Por Redacción |