Acordan convocar dúas prazas de Policía Local en Cuntis neste 2023

Por Redacción
O goberno local de Cuntis e as centrais sindicais alcanzaron un acordo por unanimidade para convocar dúas prazas de axente da Policía Local no municipio durante este ano.
Manuel Campos, alcalde da vila, sinala que o orzamento municipal xa recollía a existencia de tres prazas, correspondentes a outros tantos policías locais que, anos atrás, prestaron servizo na localidade e que, por diferentes causas, pediron o traslado a outros destinos.
Os postos quedaron vacantes e agora o goberno local quere cubrir eses postos. A taxa de reposición só permite a convocatoria de dúas prazas durante este ano e o proceso iniciarase tras este acordo na Mesa de Negociación.
Campos recoñece que este servizos é moi importante para garantir a seguridade da veciñanza e o obxectivo é recuperar a presenza policial no menor tempo posible.
Relacionadas:
-
Manuel Campos presenta a súa candidatura en Cuntis coa vista posta en infraestruturas futuras
Por Redacción |
-
Cuntis renova o camiño rural que une os lugares de Cardecide e Meira de Arriba
Por Redacción |
-
Máis de 3.000 persoas ateigan a Festa do Lacón con Grelos de Cuntis
Por Redacción |
-
O Concello de Cuntis mellora o vial da N-640 a San Mamede cun investimento de 67.000 euros
Por Redacción |